Paula Gutiérrez foi escollida xogadora do mes do Deportivo. A futbolista, asentada outra vez na titularidade, compareceu ante os medios para valorar o premio, o pasado partido contra o R. Madrid e o próximo, en Fuenlabrada, contra o Madrid C.F. A centrocampista enfróntase a un ex equipo, pero pensando que “deron coa tecla do xogo”
O Deportivo B está a vivir a peor xeira da súa historia, con dous partidos consecutivos perdidos por cinco goles. Nesta xornada recibe ao Racing, pero o partido que capta a atención do fútbol galego é o Celta-At. Villalonga. As de Sanxenxo continúan levando o farol vermello aínda que nas tres últimas xornadas os resultados non acompañaron os seus méritos. Entrevistamos a Fran Doval, técnico das de Sanxenxo.
Na Terceira Federación hai unha xornada con tres partidos igualados, que poden determinar moitas cousas cara ao remate da competición. Escollemos o Tomiño-Boiro e tivemos no programa á capitá das locais, Sara Álvarez, Sariña.