A exposición ‘7 linguas, 7 colonialismos’ describe e ilustra un caso de colonialismo por volta das linguas que se estudan na EOI de Santiago de Compostela

Poderase visitar de 9 de febreiro a 6 de marzo, no 1º andar do centro, de luns a venres en horario de 09:00 a 20:30 ininterrompidamente.

A partir do luns 9 de febreiro e até o venres 6 de marzo poderase visitar a exposición ‘7 linguas, 7 colonialismos’ na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela no 1º andar do centro, de luns a venres, en horario de 09:00 a 20:30 ininterrumpidamente.

Esta exposición describe un caso de colonialismo por volta das linguas que se estudan nesta EOI. Con ela, as persoas visitantes á exposición poderán reflexionar sobre como este tipo de dominación deixa unha pegada profunda nas sociedades que sometidas ao dominio de potencias estranxeiras. Non se trata só de territorios ou recursos, senón de culturas, linguas e formas de vida que son transformadas ou mesmo reprimidas. As poboacións colonizadas ven afectada a súa identidade, as súas tradicións e a súa maneira de se comunicar. Alén disto, coñecer mellor a historia pode axudarnos a comprender as desigualdades e as interaccións culturais que aínda hoxe permanecen.

A exposición consta dunha introdución ao tema, redactada polo historiador e profesor da Universidade da Coruña Carlos Velasco, un panel cun caso concreto de colonialismo por potencias cunha das linguas que se estudan nesta escola (Alemania, España, Francia, Reino Unido, Italia e Portugal) e un último panel en que se expón o caso concreto da Palestina. En cada unha das partes da exposición verás catro citacións a favor da dominación e un caso concreto de colonialismo, así como unha imaxe e un mapa.

Os paneis xerais están redactados en galego e, o resto, están redactados na lingua de cada departamento. A través dun código QR, as persoas visitantes poderán acceder a unha audiodescrición e tradución ao galego.

Comparte éste artículo
No hay comentarios