Na loita. Xallas «B» F.C. 0 E.F. Juan Cabrejo 1. Por @DulceCorcu

Cada xornada enfronta as súas dificultades e nesta as azuis camariñanas adoleceron de certa apatía, pero aínda así foron quen de arrincar os tres puntos nun partido pouco vistoso e de escasas ocasións.

E comezaban creando ocasións ante unhas xalleiras replegadas que viron como Laura Paredes e Paula chegaban de contado a súa área, e sería Paula precisamente quen dun forte disparo batía a unha Valeria que foi das mellores do partido. A mellor oportunidade das locais sería nun balón que saca María prácticamente baixo paus, despois dun mal entendemento na defensa visitante. Un resultado co que se chegaba ao tempo de lecer, para dar paso a unha segunda metade bastante pobre en xogo, sen oportunidades de gol agás a balón parado por parte de Yara, e onde Saray sería a xogadora máis destacada das vencedoras. O Xallas non inquedaría en nimgún momento a unha Escola Cabrejo á que eses tres puntos válenlle para seguir na loita dos postos altos. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios