Faus. @DulceCorcu

Hai xente que chega as nosas vidas sen demasiado ruído, case sen que se note, pero a quen botas en falta de contado se por algún motivo chega a ausentarse. Faus é desa clase de persoas, imprescindible no seu labor a prol do fútbol camariñán, berce natal dos seus dous fillos e adestrador de novas xeracións na Escola Cabrejo.

Agora, ausente por causa maior dos terreos de xogo, o seu traballo aínda cobra máis importancia se cabe, pois substituílo non é tarefa doada. Todo adicación e bondade, co verde como medio natural que leva toda vida transitando, ininterrumpidamente porque o amor é iso: entrega incondicional onde non caben escusas. E Faus é iso exactamente, alguén que sempre está, que escoita e atende. Que comprende e colabora, a xenerosidade de quen fai as cousas de corazón…Ese tinguido de imborrable azul que quixo marcarlle un gol pero que no último segundo conseguían sacar fóra. Esta fin de semana o balón rodará de novo, pero para min e para quen o coñecemos, non será igual sen el atravesando o campo co bolso colgando no ombreiro. E contaremos día a día todos os que faltan ata velo de novo na nosa casa común, ese «Vicente Carril» das alegrías e ás veces das amarguras pero que, ao igual que Faus, non cambiamos por ningún outro. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios