A Asociación Xuntos por Lugo anunciou hoxe a convocatoria dunha protesta veciñal para denunciar o «pésimo e nefasto» estado de conservación da Estrada Nacional 540, que une Lugo con Ourense. A mobilización consistirá no corte total da circulación para esixir ao Goberno de España unha solución definitiva que garanta a seguridade dos usuarios.
Datos da convocatoria:
- Día: Sábado, 14 de febreiro de 2026.
- Hora: 11:00 horas.
- Lugar: N-540, á altura da parroquia de Calde.
Desde a asociación denuncian que o deterioro da vía é tan grave que moitos condutores transitan por ela «con medo». Esta situación de inseguridade obriga a buscar vías alternativas, o que está a prexudicar directamente aos negocios e pobos situados ao pé da nacional, que ven como descende a súa actividade económica.
«Non podemos permitir que unha comunicación esencial entre dúas cidades galegas estea nun estado intransitable. Pedimos responsabilidade e que se nos escoite de unha vez«, sinalan desde Xuntos por Lugo.
A asociación fai un chamamento a toda a veciñanza, transportistas e afectados para que se sumen á protesta deste sábado en Calde e amosen a súa indignación ante o abandono por parte do Ministerio.