«Míster Joni». Por @DulceCorcu

Estamos máis que afeitos a ver a Jonathan Fraga sobre o céspede dun terreo de xogo, pero quizais menos a velo no banco dirixindo ás novas xeracións do club no que leva enrolado hai xa varias tempadas e non só como xogador, senón coma directivo e tamén adestrador. 

O Coristanco é un fogar no que Joni habita con adicación e compromiso, con ese fervor que dá o amor ás cores e o afán por velo medrar. Agora, ao mando do equipo Cadete mentres pelexa polo título e o ascenso co sénior, nun duelo fratricida que o enfronta ao seu irmán Hugo, actualmente nas filas do Oza, principal rival na procura deses obxectivos. Joni conta coa experiencia e o peso de tantos anos vestindo de curto, de central bregado en mil contendas e capitaneando un equipo ao que pertence por sentimento e entrega. Quen mellor para transmitir o fútbol en vea, a paixón e o talento que tantas veces o vemos derrochar competindo e facendo goles narca da casa, de clase a balón parado e de categoría loitando nas áreas. Un activo da Costa, dos que son lenda por traxectoria e por seguir creando futuro cos que veñen atrás. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios