Máis dun milleiro de estudantes de Enxeñaría de Camiños participarán estes días en Intercaminos 2026

Intercamiños é un espazo para promover a convivencia, o respeto e o traballo en equipo entre os participantes.

A cidade da Coruña acollerá, entre os días 19 e 21 de febreiro, Intercaminos 2026, a XXXIV edición da olimpíada deportiva universitaria que se celebra anualmente e na que compiten 1134 estudantes de nove escolas de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos de toda España.

O Club Deportivo Camiños Coruña, asociación de estudantes da ETS de Enxeñaría de Caminos, Canais e Portos da UDC, está detrás da organización deste encontro, no que os clubes deportivos de cada escola, procedentes da Coruña, Alacante, Barcelona, Cartaxena, Cidade Real, Granada, Madrid, Valencia e Santander, competirán nas disciplinas de fútbol 7, fútbol sala, balonmán, baloncesto, atletismo, voleibol ou tenis, así como en xogos tradicionais, como brilé, socatira ou carreira de sacos.

Desde o club, destacan os valores de convivencia e o compañeirismo que marcan a competición, “na que se promoven o respeto, o traballo en equipo e os valores deportivos entre as futuras xeracións de profesionais no ámbito da enxeñaría”. Ademais do programa deportivo, Intercaminos ofrece un amplo programa de actividades sociais e culturais, o que convirte ao evento nunha experiencia completa no deportivo e no persoal, fomentando unha rede de contactos e amizade entre os estudantes de todo o país.

A participación da Universidade da Coruña é de gran relevancia, contando cun cento de alumnos e alumnas que terán presenza en todas as modalidades competitivas.

O evento conta coa colaboración do Concello da Coruña mediante a cesión das instalacións deportivas municipais de Labañou, Os Rosales e Visma, así como das pistas municipais de tenis Salvador de Madariaga e Rafael Alberti; e coa Xunta de Galicia, que cede para o seu uso o Pavillón do Agra II.

Calendario de actividades

O primeiro día desenvolveranse todas as actividades no Campus de Elviña. O Estadio Universitario A Mariña Dourada acollerá as probas de atletismo, lanzamento de probeta, carreira de sacos, sogatira e brilé a partir das 15:00 horas, dando peche o propio xoves á competición nestas disciplinas.

Xa o venres disputaranse as outras modalidades no resto de localizacións, queserán o Pavillón dos Rosales, onde terá lugar a modalidade de fútbol sala; o pavillón de Labañou, que acollerá a competición de balonmán, o do Agra II, onde serán as probas de baloncesto; o pavillón de Riazor, que albergará as probas de voleibol; o campo de fútbol de San Pedro de Visma, destinado ao fútbol 7; as pistas de pádel da Universidade da Coruña, que acollerá as probas deste deporte e as postas de tenis municipais de Salvador de Madariaga e Rafael Alberti, que acollerán a modalidade de tenis.

As fases eliminatorias terán lugar o venres, e as semifinais e finais celebraranse na xornada do sábado, día no que terá lugar a gala de entrega de premios.

Comparte éste artículo
No hay comentarios