O sábado 21 de febreiro ás 20 horas na Parroquia da Nosa Señora da Soidade, sita na rúa Feliciano Rolán (O Castro) en Vigo, terá lugar o concerto “Música ao teu carón”, coa colaboración do Concello de Vigo.
Esta actuación forma parte da labor formativa da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, e nela participan varios ensembles de corda e piano, creados ao amparo da Orquestra co fin de ampliar a formación musical dos seus membros, e dándolles a oportunidade de adentrarse na música de cámara.
A entrada é gratuita.