Daniel Alonso, novo presidente de Novas Xeracións do PP de Xove

O novo presidente, de 25 anos e graduado en Administración e Dirección de Empresas, interviu no Congreso xunto á presidenta do PP da provincia, Elena Candia; o alcalde e presidente do PP de Xove, Demetrio Salgueiro; a presidenta de NNXX de Galicia, Nicole Grueira; o presidente de Novas Xeracións da provincia, Miguel Gallego; e o alcalde de Ribadeo e ex presidente de NNXX da provincia, Dani Vega.

Daniel Alonso forma parte activa da actividade asociativa do municipio xa que é o presidente da asociación de veciños de Xuances e tamén é membro doutras directivas de diferentes asociacións da Mariña e do comité de control económico da Federación Española de Bolos.

O presidente electo puxo en valor aos membros da executiva como “un equipo comprometido e con ganas reais de traballar por Xove” e subliñou que “pretendemos facer as cousas con sentido común e pensando nos veciños. E para iso escoitaremos á xente, propoñeremos ideas e colaboraremos para que o noso concello siga mellorando”.

Demetrio Salgueiro quixo poñer en valor “que haxa xente nova interesada pola política e, sobre todo, por aportar ideas e traballar de forma desinteresada polo noso concello”. Como presidente do PP de Xove subliñou que “os acollemos a todos cos brazos abertos tanto para arroupalos como para escoitar as súas ideas para contribuír a construír un Xove mellor”.

Dani Vega felicitou a todo o equipo por “comezar un camiño para unir xente ao proxecto de Novas Xeracións e do Partido Popular” e para iso “teñen en Demetrio Salgueiro un espello onde mirarse” porque “Xove ten un dos mellores alcaldes da provincia e da Mariña, unha persoa leal, traballadora e que acolle a todo o mundo”. Nese sentido, recomenda aos novos dirixentes de NNXX de Xove “moito traballo, adoptar estes cargos con moita responsabilidade e lealdade máxima ao Partido Popular e, por suposto, ao goberno local de Xove”.

CADA DÍA MÁIS

O presidente provincial de Novas Xeracións, Miguel Gallego, deulle a noraboa a Daniel Alonso e todo o equipo de Xove que se suma a outras agrupacións locais como Viveiro, Vilalba, Carballedo ou Outeiro de Rei que teñen renovado a dirección de Novas Xeracións. Así mesmo, avanzou que proximamente tamén se celebrarán os congresos de Cervo, Burela e Chantada.

Gallego puxo en valor tamén o incremento de ata 5 veces máis o número de integrantes da xunta directiva provincial que, paralelamente, ten incrementado a súa actividade tanto nas redes sociais como a súa participación en actos do Partido Popular e en eventos sociais da provincia.

EXECUTIVA DE NOVAS XERACIÓNS DE XOVE

A executiva de Novas Xeracións de Xove que encabeza Daniel Alonso complétase con:

– Beatriz García, secretaria xeral

– Javier Alonso, secretario de organización

– Xenxo Salgueiro, vicesecretario de Medio Rural e Mar

– Irene González, vicesecretaria de Acción Social e Xuventude

– Martín Canoura, vicesecretario de Comercio e Industria

– Marcos Fernández, vicesecretario de Deportes

Comparte éste artículo
No hay comentarios