CantaJuego celebra o seu 20 aniversario en Santiago de Compostela o 8 de marzo

Un espectáculo único reunirá varias xeracións nunha experiencia máxica: Puli, Ainhoa, Rodri e Eugenia, xunto aos entrañables Coco, Pepe e Buby, celebran dúas décadas de música e diversión homenaxeando aos seguidores de sempre e aos novos fans.

CantaJuego, o fenómeno da música infantil que marcou a infancia de millóns de nenos e nenas, cumpre 20 anos e celébrao cunha xira especial. Santiago de Compostela será unha das paradas desta celebración: o espectáculo terá lugar no Auditorio de Galicia o domingo 8 de marzo, con dous pases, ás 12:30h e ás 17:00h.

Este especial aniversario promete unir varias xeracións nunha experiencia máxica, na que os seguidores poderán revivir momentos memorables con Puli, Ainhoa, Rodri e Eugenia, xunto aos entrañables amigos Coco, Pepe e Buby, que sempre os acompañan. O espectáculo homenaxea tanto aos fans de sempre como aos novos, celebrando dúas décadas de música, baile e diversión.

Durante máis de 80 minutos, o público desfrutará das mellores cancións, coreografías e ritmos que marcaron a infancia de milleiros de nenos, nunha proposta que combina pasado e presente. Non perdas a oportunidade de formar parte desta celebración familiar, festiva e emotiva.

As entradas xa están dispoñibles en ataquilla.com, e recoméndase mercalas con antelación para asegurar praza neste espectáculo pensado para toda a familia.

SOBRE CANTAJUEGO

CantaJuego é un proxecto pedagóxico-musical en formato audiovisual, desenvolvido por especialistas en estimulación psicomotriz, entretemento e traballo psicopedagóxico. Dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos, utiliza a música e o movemento para estimular a imaxinación, a fantasía, o sentido rítmico, a voz, a expresión corporal e o xesto.

Desde 2004, CantaJuego é líder no mercado audiovisual infantil en España, con máis de 50 discos de platino500 cancións, máis de 10 mil millóns de visualizacións e 12 millóns de subscritores en YouTube.

En vivo, é o artista infantil máis visto da historia de España, con máis de 2 millóns de espectadores en máis de 180 funcións anuais en 130 cidades españolas, mantendo unha actividade ininterrompida durante 10 temporadas.

INFORMACIÓN SOBRE O CONCERTO

Data: 8 de marzo de 2026

Lugar: Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Hora: 12:30h e 17:00h

Entradas: ataquilla.com

Comparte éste artículo
No hay comentarios