Conclúe Intercaminos 2026 con victoria do Club Deportivo Camiños da Universidade da Coruña

Os deportistas locais acadaron podium en diversas modalidades, conseguindo que CD Deportivo Camiños Coruña se proclamase vencedor no sumatorio total das probas.

A XXXIV edición de Intercaminos bota o peche coa victoria do Club Deportivo Camiños Coruña da UDC, anfitrión este ano do evento, que obtivo maior puntuación no sumatorio por modalidades, acadando un total de 60 puntos, seguido moi preto por Santander, que conseguiu sumar 59 puntos e Barcelona, con 45. O resto de clasificados foron os representantes de Madrid, que quedaron cuartos; os de Valencia, que resultaron quintos; os de Cidade Real, que foron sextos; os de Alacante, que ocuparon o séptimolugar; e Cartaxena e Granada, que foron oitavos e novenos na clasificación.

A cidade da Coruña acolleu entre os días 19 e 21 de febreiro Intercaminos2026, a olimpíada deportiva universitaria que se celebra anualmente e que este ano estivo marcada pola elevada participación, na que competiron 1134 estudantes de nove escolas de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos de toda España. 

O Club Deportivo Camiños Coruña, asociación de estudantes da ETS de Enxeñaría de Caminos, Canais e Portos da UDC, estivo detrás da organización deste encontro, no que participaron escolas procedentes da Coruña, Alacante, Barcelona, Cartaxena, Cidade Real, Granada, Madrid, Valencia e Santander e os cales competiron nas modalidades de fútbol 7, fútbol sala, balonmán, baloncesto, atletismo, voleibol, pádel e xogos tradicionais.

Os resultados por modalidades e categorías foron os seguintes:

En atletismo, en 100 metros feminino a vencedora foi Cartaxena, a segunda clasificada Valencia e a terceira Madrid, mentres que en 100 metros masculino  venceu Valencia, Alacante foi segundo clasificado e Cidade Real terceiro. Na modalidade de 800 metros feminino a vencedora foi A Coruña, seguíndolle Barcelona e Valencia; mentres que en 800 metros masculino proclamáronse gañadores por este orde os participantes de Barcelona, Madrid e Valencia. Valencia venceu na categoría de relevos mixtos, seguida da Coruña e Madrid.

Os xogos tradicionais contaron con diversas probas. Unha delas era o lanzamento de probeta feminino, na que resultou gañadora a escola de Granada, Alacante foi subcampioa e Madrid a terceira clasificada. Na mesma proba pero na categoría masculina, venceu Alacante, seguido deCidade Real e Cartaxena, respectivamente. As carreiras de sacos domináronas os participantes de Cartaxena, que gañadon a proba, mentres que os valencianos resultaron segundos e os de Santander foron terceiros. Na proba de sogatira, Cidade Real, A Coruña e Cartaxena foron os vencedores.

En fútbol sala feminino A Coruña acadou un segundo posto, superado polo equipo de Barcelona e seguido do de Santander; mentres que en fútbol sala masculino os equipos gañadores foron Valencia, Madrid e Cidade Real. Xa en fútbol 7, A Coruña acadou tamén o pódium, nesta ocasión quedando en terceiro lugar, nun campionato no que se impuxo a Comunidade Valenciana, xa que Alacante resulto primeiro e Valencia segundo.

No que respecta ao baloncesto feminino, os vencedores foron os equipos de Barcelona, Santander e Madrid, mentres que en baloncesto masculino os mellor clasificados foron Madrid, A Coruña e Barcelona.

No voleibol feminino dominaron os equipos de Madrid, Santander e Cartaxena, mentres que no masculino a Universidade local proclamouse vencedora, seguida de Granada e Santander. A Coruña foi gañadora tamén do baloncesto feminino, seguida de Cidade Real e Alacante. Na categoría masculina, impúxose Madrid, seguido da UDC e quedando terceiro o equipo de Santander.

Xa no pádel feminino, dominaron Barcelona, Santander e Valencia, mentres que no masculino proclamouse vencedora Cidade Real,  e repetiron posto Santander e Valencia.

Desde o Club Deportivo Camiños Coruña destacan os valores de “compañeirismo e respeto que marcaron as diversas compecicións,convertíndose nunha festa do deporte, a convivencia e o traballo en equipo, e aunciaron que a seguinte escola en organizar Intercaminos en 2027 será a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos de Barcelona, da UPC.

Comparte éste artículo
No hay comentarios