Ana Miranda denuncia que o PP boicotea na Eurocámara a comparecencia dos afectados pola contaminación no encoro das Conchas

EP Plenary Session - World Cancer Day

A eurodeputada galega acusa aos populares de “dobre moral”, ao dicir “unha cousa en Galiza e outra no Parlamento Europeo”.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denuncia o reiterado boicot que leva a cabo o PP no seu empeño para bloquear que a Comisión de Peticións da Eurocámara debata sobre o encoro das Conchas, impedindo novamente que os colectivos afectados pola súa contaminación poidan comparecer nesta comisión.

Ana Miranda considera inaceptable que os populares sigan bloqueando a comparecencia de colectivos afectados pola contaminación continuada deste encoro, polo que os acusa de “dobre moral”, ao dicir “unha cousa en Galiza e outra no Parlamento Europeo”.

“Primeiro dicían que cando houbera unha sentencia, agora que hai unha sentencia firme do Tribunal Supremo, resulta que non queren que o tema sexatratado no Parlamento Europeo. Negan que os cidadáns que denunciaron durante anos a contaminación masiva non encoro das Conchas que poden comparecer nesa demanda que leva no Parlamento Europeo dende o ano nada máis e nada menos que 2018”.

Vulneración de directivas

Segundo subliña Ana Miranda o caso do encoro das Conchas é tremendamente grave, debido a súa contaminación desde hai anos por nitratos, toxinas e cianobacterias, de forma que esta contaminación vulnera diversas directivas medioambientais europeas. Neste sentido, explica que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza emitiu unha sentenza que condena á Xunta e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, (dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica), a sanear este encoro.

Ademais, a sentenza recoñece explicitamente que a inactividade desas administracións públicas vulnera os dereitos fundamentais, xa que pese a coñecer a situación e estar legalmente obrigadas a elo, non foron capaces de poñer remedio. “Mentres o PP boicotea a petición dos veciños e veciñas da Limia, eles seguen sufrindo os efectos da contaminación do encoro”, subliña a eurodeputada do BNG, quen expresa o seu compromiso na loita para que a cidadanía galega teña voz na Eurocámara.

Comparte éste artículo
No hay comentarios