Comunicado do GMPP de Lugo en relación a Residencia das Gándaras

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular queremos manifestar que:

1.    O PSOE despois do debate do pleno celebrado esta mañá, retirou da súa iniciativa o puntos 1  “instar á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia á paralización inmediata das obras de reconversión de habitación individuais en dobres na Residencia de As Gándaras” e, tamén, retirou o punto 2 “esixir a modificación do Proxecto de execución para que se respecte a configuración de habitación individuais, garantindo que cada persoa residente manteña o seu espazo de intimidade e dignidade”

2.    Dende o GMPP interpretamos que a retirada deses dous puntos da súa iniciativa confirma que os traballos feitos polos técnicos da Consellería de Política Social e Igualdade, polo persoal da propia residencia, pola Delegación da Xunta e polas centrais sindicais que se interesaron por esta problemática acadou unha solución técnica valorada de forma positiva polos usuarios do centro

3.    Esta solución consiste en reubicar o baño accesible, de forma que se crean dúas áreas ben diferenciadas na habitación, unha para cada residente, de forma que cada cal conte cun espazo máis privado, con ventá exterior e que non sexa zona de paso. Esta modificación da distribución correspóndese coa proposta comunicada aos residentes na última reunión celebrada esta semana. Con esta distribución pódense ampliar os corredores xerais á medida de 2,20 m necesaria para cumprir as condicións de evacuación máis esixentes, a evacuación en cama dos residentes, e garantir condicións mínimas de accesibilidade mantendo o confort.

4.    Mediente este comunicado queremos ratificar o absoluto compromiso e a maior das sensibilidades cos usuarios desta residencia pública, e con todos os maiores en xeral. Incidindo en que os consideramos unha xeración a que lle debemos moito.

5.    Pero tamén queremos afear de maneira contundente ás prácticas do goberno local ,que son exemplo da mala política, xa que sendo coñecedores de que hai unha solución (que mesmo hoxe recoñeceron ao retirar o máis importante da súa reivindicación), a pesar diso, continúan enlamando, crispando, desinformando malia tratarse dun tema de extrema sensibilidade.

6.    Escoitar a algunha das persoas que interviron hoxe no pleno manifestando que non tiñan nin información, nin planos desta intervención na que a Xunta inviste 8 M€, cando PSOE e BNG concederon licencia ao proxecto inicial da reforma da Residencia de As Gándaras en Xunta de Goberno do 9 de novembro de 2025 dispoñendo de toda a documentación precisa para poder facer propostas, alegacións ou suxestións coas que podían ter evitado este conflicto, xa que disponían dende o 7 de xaneiro do ano 2025 da solicitude da licenza urbanística deste proxecto.

7.     Esta maneira de actuar só pode obedecer a de políticos que anteponen o ENFRONTAMENTO ÁS SOLUCIÓNS; ás MENTIRAS OU MEDIAS VERDADES á INFORMACIÓN HONESTA  e sobre todo que só lles importan as reivindicacións dos lucenses se ven nelas unha mínima posibilidade de atacar á Xunta ou ao Partido Popular.

8.    O GMPP pónse a disposición, neste tema tamén, de todos os usuarios e familias se en algo pode ser de axuda e, ao mesmo tempo, prega a todos os grupos políticos con representación na corporación separar do debate político asuntos de extrema sensibilidade como este

Comparte éste artículo
No hay comentarios