A portavoz socialista, Elena Espinosa, urxe á Xunta a dar respostas concretas no Pleno da vindeira semana ante os 30.100 demandantes de vivenda pública e a saturación das urxencias sanitarias.
Vivenda: «Non abondan os anuncios»
O PSdeG centrará a súa pregunta ao presidente da Xunta na crise habitacional. Espinosa denunciou que o parque público en Galicia é «claramente insuficiente» para atender ás máis de 30.100 persoas inscritas como demandantes.. Galicia non necesita máis propaganda, necesita planificación e resultados medibles para que a mocidade e as rendas baixas poidan acceder a un fogar digno», advertiu a portavoz.
Sanidade: Foco nas urxencias do HULA e Carral
En materia de saúde, os socialistas interpelarán ao conselleiro pola saturación estrutural dos servizos de Urxencias. A ofensiva inclúe demandas específicas:
- HULA (Lugo): Reclaman máis persoal non facultativo e recursos materiais.
- Carral: Esixen unha reforma urxente do Centro de Saúde ante unha falta de mantemento «insostible».
Altri: «Enganaron a todo o mundo»
Ante a comisión de investigación sobre Altri que se debaterá no Pleno, Espinosa foi tallante:
- Falsas expectativas: Acusou ao PP de vender un proxecto como «solvente e beneficioso» sen garantías reais económicas nin ambientais.
- Responsabilidades: «As responsabilidades teñen nomes e apelidos. O PP mantivo o rumbo malia que era evidente que o proxecto non era o mellor para a nosa terra».