A Universidade da Coruña conmemora o 8-M cun programa completo de actos, exposicións e actividades formativas

A programación comezará o 4 de marzo nas Facultades de Socioloxía e de Economía e Empresa e prolongarase ata o 12 de marzo cunha xornada na ETSAC.

A Universidade da Coruña celebrará ao longo desta semana un amplo programa de actividades en conmemoración do 8-M. A programación inclúedesde exposicións, seminarios e charlas, ou obradoiros infantís para impulsar o talento feminino, ata os actos institucionais da UDC, que terán lugar o venres 6 de marzo na Coruña e o 9 en Ferrol. 

Así, o próximo venres, a Casa do Estudantado acollerá o acto central coa lectura do Manifesto do 8-M, tras o que se realizará un balance da execucióndesenvolvida ata o momento do III Plan de igualdade da Universidade da Coruña e se fará unha homenaxe ás mulleres migrantes. Un esquema similar será o que se desenvolva no Campus de Ferrol o día 9 de marzo. 

A programación en diferentes centros iniciarase o próximo mércores, día 4, nasfacultades de Economía e Empresa e de Socioloxía. 

Economía e Empresa celebrará a xornada 8M Finanzas, xénero e historia: outra economía é posible, que contará durante os días 4 e 5 con conferencias e mesas redondas. O primeiro día desenvolverase o obradoiro “Capital e xénero: representación en cartaces e narrativas históricas” e amosarase a mostra bibliográfica «Mulleres que contan: a presenza feminina no sector financeiro»  que estará dispoñible durante todo o mes de marzo naBiblioteca da Facultade. 

Xa na sesión do xoves 5 terá lugar a charla-coloquio baixo o título “Banca, xestión e mulleres: retos e logros cun enfoque histórico” coa participación deinvestigadoras de distintas universidades, á que lle seguirá unha mesa de análise titulada “Investimentos e perfil investidor en clave de xénero: cuestións de actualidade”, marco no que  Alejandra Pérez Peña, delegada territorial do Comité de Servizos a Asociados de EFPA España en Galicia, presentará  os resultados da XIII Edición da Enquisa Mulleres e Finanzas e do programa EFPA de Educación Financeira

Por último, terá lugar a Presentación do libro “Entre el poder y la subsistencia: la empresa española en clave feminina, siglos XVIII-XX» das docentes e investigadoras da UDC Elvira Lindoso Tato e Tamara González López.

Pola súa banda, o salón de graos de Socioloxía acollerá a mesa redonda “O papel das Mulleres na loita contra o capital”. Nela participarán Laura Suárez, secretaria académica da Facultade; Bruno Fariñas, representante do estudantado en Socioloxía e Isabel Risco, da Marcha Mundial das Mulleres. 

Na xornada do día 7 terá lugar na Facultade de Informática a iniciativa “Oracle for Girls, un evento pensado para achegar a tecnoloxía ás novas xeracións e seguir avanzando cara a unha maior igualdade no ámbito STEM.

A actividade está dirixida a nenas e mozas, de entre 4 e 16 anos, e busca espertar vocacións en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, amosándolles desde idades temperás que o mundo tecnolóxico tamén é o seu lugar. A idea é achegarlles o ambiente universitario, descubrirlles novas posibilidades de futuro e visibilizar as oportunidades profesionais dun sector con enorme demanda laboral no que aínda fan falta máis referentes femininos.

Durante a xornada realizaranse obradoiros de programación, robótica, intelixencia artificial e outras tecnoloxías emerxentes, cun enfoque totalmente práctico: experimentar, crear e aprender mentres se divirten. Ademais, tamén haberá sesións informativas para as familias, nas que poderán coñecer mellor as opcións formativas STEM e a oferta académica da UDC.

A actividade conta coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Concello da Coruña, a Cátedra ALDABA WIB e CodeMonsters, empresa encargada de desenvolver os obradoiros.

En Bastiagueiro

Na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, o xoves 5 de marzo ás 19:00 horas, terá lugar a III edición das xornadas da Fenda de Xénero no Deporte, organizada en colaboración coa Deputación da Coruña. Nela haberá un obradoiro formativo baixo o título “A Bioloxía da muller e o adestramento deportivo. O principio de individualización” e unha mesa redonda na que intervirán protagonistas de diferentes ámbitos do deporte (ex-futbolistas, adestradores, psicólogas do deporte e xogadoras de hockey). Esta iniciativa complétase coa exposición de slogans creados polo alumnado da materia»Muller e Deporte».

Campus da Zapateira 

O venres 6 de marzo, inaugúrase na biblioteca da Facultade de Filoloxía a exposición “Entre destinos e barreiras: A muller no mapa laboral do turismoorganizada por un equipo de docentes da Facultade de Turismo en colaboración coa biblioteca de Filoloxía. 

Este título xoga cos destinos turísticos e os laborais ao fin do grao, así como co paralelismo entre o mapa físico e o laboral, deixando clara a temática abordada: o traballo das mulleres no sector turístico. O principal obxectivo é coñecer a realidade co fin de elaborar accións encamiñadas á redución das desigualdades.

A través da presentación dos principais datos sobre a situación das mulleres no turismo e dos resultados obtidos no estudo “The leaks in the pipeline andhuman capital management in tourism organizations, evidénciase unha realidade marcada polo talento perdido, pero tamén cun futuro esperanzador.

Para iso, presentaranse tamén perfís de mulleres que actualmente forman parte da industria turística, co obxectivo de visibilizar as súas traxectorias profesionais e sirvan de fonte de inspiración. 

Xa o día 12 terá lugar na ETSAC un acto protagonizado por mulleres arquitectas ou vencelladas a esta disciplina, no que achegarán parte da súa experiencia profesional en diversos ámbitos nun formato de presentación con imaxes como soporte.

Comparte éste artículo
No hay comentarios