Terá lugar na Facultade de Informática, na que se celebrarán talleres prácticos e charlas informativas para nais e pais.
A Facultade de Informática da UDC acollerá este sábado a iniciativa “Oracle for Girls”, unha xornada organizada no marco do 8-M e orientada a promover a igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico.
A actividade está dirixida a nenas de entre 4 e 16 anos e ten como obxectivoprincipal espertar vocacións no eido STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaríae Matemáticas) entre as nenas. Mediante a realización de obradoirosprácticos centrados en áreas clave como a programación, a robótica, a intelixencia artificial e outras tecnoloxías emerxentes, a xornadabusca inspirar, motivar e empoderar ás novas xeracións, salientando a achega fundamental das mulleres á investigación, á innovación e á transformación dixital. De maneira complementaria, desenvolveranse charlas informativas dirixidas ás nais e pais das participantes, orientadas a facilitar información sobre as posibilidades formativas e profesionais no ámbito STEM e sobre a oferta académica da propia Universidade da Coruña.
Contará coa participación de 160 nenas que realizarán diferentes talleres (deseño de videoxogos; enxeñaría en movemento, robótica e xogos de lóxica) segundo os seus intereses e idades.
Polo que respecta ás charlas abertas a familias, serán un total de tres. A primeira delas, ás 11:00 horas, será impartida por Verónica Bolón, profesora de Ciencias da Computación da UDC. Na súa intervención abordará a importancia de fomentar as vocacións STEM nas nenas, visibilizando referentes femininos na ciencia e a tecnoloxía ao longo da historia. Explicarase de forma accesible que é a intelixencia artificial e comofunciona, e analizaranse as causas da actual brecha de xénero nasprofesións científico-tecnolóxicas. O obxectivo é motivar ás familias para apoiar o interese das súas fillas polas disciplinas STEM.
En segundo termo, ás 11,30 horas, Gema Vázquez, coordinadora da área de Enxeñaría de Software na empresa Aldaba, tratará a fenda de xénero nastitulacións TIC, unha exclusión que provoca tecnoloxía nesgada, perda de talento e un sector que deseña o futuro sen representar á metade da sociedade.
Por último, ás 13:00 horas, Paula Castro, profesora de Informática e adxuntade Empregabilidade da UDC, presentará información sobre as titulacións STEM, as súas saídas profesionais e o acompañamento ás futuras estudantes na súa elección académica, reforzando o compromiso da UDC coa igualdade de oportunidades e o futuro profesional das mozas.