In The Corner 6-3-26


Volven as competicións na Segunda e Terceira Federación cun partido estrela na última delas. No Leyma, na Coruña, Victoria e Celta B debaten parte do título nun partido no que as viguesas poden afianzar o primeiro lugar e as herculinas perder todas as opcións de conquistalo.

Como convidados estiveron David Ferreiro, técnico das celestes, e Marta Cascón, xogadora, e case colaboradora do programa, en representación das albo e negras. Con ambos fixemos a previa do partido dunha xornada que comeza este venres co Peluquería Mixta-Orzán, na Reigosa. O Deportivo tivo un tratamento especial falando da actualidade das súas xogadoras internacionais, espalladas entre a España’sub 20 até Uruguai, pasando por Portugal, Mergullados nese vínculo co país veciño, entrevistamos a MJ Pérez. A cantante e compositora presenta o seu cuarto traballo, “Je tiens bon”, no que se inclúe a súa segunda peza con referencia ao club da Coruña, “Samba para Millene”.
Foto: MJ Pérez. © MJ Pérez.

Comparte éste artículo
No hay comentarios