Rita. Por @DulceCorcu

Rita Maestre é unha das políticas españolas, de esquerdas, que sabe o que é vivir con medo por adicarse a política e, non esquezamos, por ser muller. Onte contaba nunha entrevista radiofónica o que leva padecendo desde hai un ano, despois de que alguén, no covarde anonimato, publicase un anuncio coa súa dirección coma se fose un prostíbulo, o que se traduce en borrachos e babosos tocando o timbre da súa porta reclamando a mercaduría que van buscando.

Ese nivel de maldade, de deshumanización e de carraxe só por defender unhas ideas, non é alleo a outras políticas como Irene Montero, por exemplo, tratada en moitos medios con absoluto desprezo e un machismo indigno, violentada até niveis nunca vistos nesta España invadida polos bulos e a ultradereita casposa con moitos altofalantes ao seu servizo para espallar un odio que o asolaga todo. Rita Maestre, Concelleira no Concello de Madrid polo grupo municipal Más Madrid, dicía que non quere dar gusto a quen busca amedrentala para que deixe o seu labor político. Aínda que non queira, nin ela nin tantas outras mulleres en España e no resto do mundo, están obrigadas a ser valentes. A mirar cara atrás ao camiñar porque nunca somos completamente libres. A piques de conmemorar outro 8M, faise evidente que segue a ser moi necesario….Porque só as mulleres saben o que significa selo. E ás veces, a peaxe a pagar custa a mesma vida. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios