O PP de Lugo pide ao goberno local que  diga publicamente que facer coa  estación de autobuses e a súa contorna

O Grupo Popular anunciou que rexistrará unha iniciativa para que o pleno do Concello de Lugo debata e se posicione sobre o futuro do edificio da actual estación de autobuses e da súa contorna, unha cuestión que cobra especial relevancia a medida que avanzan as obras da nova estación intermodal.

Os populares coinciden coa preocupación expresada pola asociación Lugo Monumental e consideran que “é o momento de abrir un debate serio sobre que cidade queremos neste espazo estratéxico”.

Ademáis lembran que dentro do propio goberno local existen posicións diferentes sobre este asunto. Mentres o BNG propuxo un gran parque central neste ámbito, o PSOE non se pronunciou publicamente sobre cal é o seu modelo.

Ante esta falta de definición, o PP considera necesario que o pleno se pronuncie. Por iso, na iniciativa que levarán ao pleno propoñen estudar a proposta formulada por Lugo Monumental para conservar o edificio da actual estación de autobuses, habilitando nel un intercambiador que facilite a conexión co transporte urbano e creando unha zona verde, todo elo no espazo que ocupan actualmente as dársenas.

Ademais, os populares propoñen buscar a colaboración entre as administracións implicadas para analizar a viabilidade desta proposta e avanzar nun proxecto consensuado para este ámbito da cidade.

Neste sentido, lembran que o edificio da estación está situado nun solar que foi cedido no seu día polo Concello para a construción desta infraestrutura. Se deixase completamente ese uso, ese terreo reverte novamente á administración municipal, o que sitúa no goberno do  Concello de Lugo a responsabilidade de dicir que proxecto ten para este lugar”, sinalan

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios