Socio nº8414 do Real Clube Deportivo de A Coruña
Vou comezar falando da polémica inauguración do Museo deportivista na que as formas brilaron pola súa ausencia. Está moi ben crear un museo e que os deportivistas que así o desexen poidan ir a disfrutar e rememorar vellos das xestas obtidas. En primeiro lugar, o día da inauguración fallou o mais importante que é a ausencia do presidente que lle deu os seis títulos ao clube, Don Augusto César Lendoiro. Independentemente do que fixo ou o que deixara de facer nos 25 anos, o que sí está claro que se non é por el o museo do Deportivo estaría valeiro, iso creo que ninguén o pode discutir.
En canto ao equipo, non é normal o xogo realizado do clube sendo un equipo que quere aspirar ao ascenso e isto ten que cambiar, de quen é culpa?? Non o sei, mais isto ten que cambiar radicalmente e o equipo ten que impoñer cando saia ao campo.
Riazor neste último partido creo que deixou claro a súa opinión respecto ao equipo, xa está farta de ver ao equipo dar paus de cego partido tras partido aínda que nalgún se gañase.
Quedan 13 partidos, toca dalo todo e conseguir o obxectivo que queremos todos os deportivistas, volver ao lugar onde nunca tivemos que marchar, FORZA DÉPOR SEMPRE!!