O xogo do Racing volve apuntar alto tras gañar con claridade ao Cacereño na Malata

Un gol anulado a Escobar, que logo se encargou de repartir os pases para que Jairo e Álvaro anotaran os seus, que foron válidos, aos que se engadiu outro tanto de Dacosta, fixeron que o Racing quebre a pequena xeira de dúas derrotas consecutivas, se sume en puntuación a Barakaldo, na quinta posición, Mérida e Athletic B e volva a dar a credibilidade esperada ao seu xogo para afrontar a parte final da competición. O Cacereño, un dos equipos máis fracos que pasou poe Ferrol, anotou por medio de Palacín cando o partido estaba decidido. A Malata acolleu a peor entrada da campaña en partido liguero.

Comezo demoledor do Racing

Non se cumprira o segundo minuto cando Escobar tirou o desmarque polo carril do 8, recibiu o pase de Álvaro e, tras entrar na área, colocou un durísimo disparo ante o que non puido facer Quevedo, que se estreaba no conxunto estremeño. O colexiado, logo da revisión, anulou o gol por fóra de xogo de Álvaro.
Non valeu ese, pero si o do minuto sete. O Racing construíu a súa opción arredor dun minuto, desde a esquerda á dereita, para fechar a acción cun control en tres cuartos de Escobar, que viu a entrada polo cento de Jairo. O ex do Ourense recolleu o servizo e bateu a Quevedo na súa saída. Era o minuto sete.
No nove permutáronse os protagonistas. Jairo, desde a esquerda, puxo un servizo diagonal para Escobar, que controlou para encarar ao meta. Antes do xute, o coiro fixo un estraño e o de Nigrán golpeou a bola por riba da trabe.
No minuto 28, Tejera probou desde fóra da área, un defensa desviou, pero Quevedo puido rectificar para un complicado rexeitamento. Escobar, que se fixo con el, non tivo espazo para culminar na rede diante do cancerbero.
Non houbo máis ocasións até o descanso, nuns primeiros 45 minutos nos que o Racing deixou moi boas sensacións.

Facer goles para mellorar a diferenza é tamén importante

No segundo tempo, o Racing tardou doce minutos en ser vertical. Saúl condicionou a xogada cun balón profundo á esquerda. Jairo deu máis profundidade até centrar para Escobar desde o lateral da área, pero o punta local, que chegou algo apurado, só puido rematar desviado co calcañar.
Non era o día dos goles de Escobar, pero si o dos pases. Tres minutos despois, cando a hora de xogo, viu como Álvaro gañaba a posición cun central ás costas. Deulle a pelota ao ilicitano tamén co calcañar, e que errara o penalti en Talavera, cun reverso, chantouse diante de Quevedo, ao que superou na saída para anotar por segunda xornada consecutiva.
O 2-0 non deixou ver o Racing conformista doutras veces. Artetxe, na cabezada a unha falta lanzada desde tres cuartos, rematou desviado no minuto 69’.
No 71, logo dunha xogada pola esquerda, Dacosta culminou a acción de cara cruzando a pelota lonxe da posición de Quevedo.
O Cacereño anotou nun exceso de confianza de Álvaro Ramón. Non protexeu ben a saída do balón polo fondo, Vázquez rabuñouno, César Gómez entrou no seu recorrido para centrar cara ao borde da área pequena e Palacín, que xa marcara na xornada anterior, anotou o 3-1 no minuto 82.
O partido rematou cunha das vitorias máis claras do Racing, que se impuxo ao seu rival estremeño desde o asubío inicial. Os 40 puntos iguálano co Mérida, un posto por riba, Athletic B, un por abaixo. e Barakaldo, que visitará A Malata en dúas xornadas e agora está quinto.

Ficha
DOMINGO 08/03/2026 (20,30) Campo: A MALATA (3.542)
RACING C. FERROL : 3 – C. POL. CACEREÑO : 1 (1‑0)

RAC : Parera; Edgar, Artetxe, Saúl, Álvaro Ramón; Álvaro Juan (Leal 76’), Fabio, Tejera (Gorostidi 74), Jairo (Tavares 74’); Escobar (Dacosta 62), Álvaro (Concha 74’). Tre. Guillermo Fernández. (Banco: César (g); Lucas (g); Chema; Mardones; Pascu; Azael; Azkune)
CAC : Quevedo; Emi (Barrio 78), Alonso, Martínez, Joserra; Monerris (Iván Fernández D), Nico Conesa (César Gómez 62’), Kaptoum (Vázquez 74’), Valdera; Palacín, Gómez (Raúl Sanchis D). Tre. Julio Cobos. (Banco: Nieves (g); Adri Crespo; Diego Guti; Vázquez).
Goles: 1-0 Jairo 7; 2-0 Álvaro 60‘; 3-0 Dacosta 72’; 3-1 Palacín 82’.
Árbitro: Expósito Jaramillo (Andalucía). Auxiliares: Agote Garrido e Conde Pérez. 4º árb.: López Vila.
Disciplina: CA: Escobar 36’; Monerris 45’; Álvaro Juan 51; Martínez 80’

Comparte éste artículo
No hay comentarios