A deputada de Cultura, Natividade González, afirma que con estas subvencións, o obxectivo provincial é «facilitar a programación de actividades culturais».
A Deputación da Coruña vén de facer pública a resolución provisional da convocatoria de subvencións do programa FO215, destinado a fundacións, entidades titulares de museos, bibliotecas e organizacións de representación sectorial da cultura galega. Cun investimento total de 646 541,88 euros, a institución provincial garante o apoio a 50 entidades que desenvolven a súa actividade profesional ou amadora no ámbito cultural.
Nesta resolución, o importe máximo concedido ascende a 25 500 euros —recibido por entidades como a Fundación Rosalía de Castro ou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega—, mentres que a contía mínima se sitúa nos 5 000 euros.
A deputada de Cultura, Natividade González afirma que «este programa contribúe a reforzar o papel das fundacións, museos, centros de interpretación, bibliotecas e entidades culturais como espazos clave para a conservación, difusión e dinamización da cultura galega», e engade que «a través desta liña de axudas, a área de Cultura da Deputación continúa apoiando o traballo do tecido cultural, tanto profesional como amador, que desenvolve unha importante labor cultural e social no territorio».
Por último, González subliña que o obxectivo destas subvencións é «facilitar a programación de actividades culturais e fortalecer a rede de entidades que traballan pola promoción e difusión da cultura galega».
A partir da publicación no BOP ábrese un prazo de 10 días hábiles para que as entidades interesadas poidan presentar alegacións, comunicar a súa desistencia ou solicitar a reformulación do proxecto. Se non se presenta ningunha comunicación neste prazo, a subvención considerarase aceptada tacitamente.
Listaxe de entidades beneficiarias
A seguir detállanse as 50 entidades que aparecen na proposta de concesión provisional, divididas polas súas categorías:
● Entidades representativas dos sectores profesionais e amadores:
o Academia Galega de Teatro
o Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGASOC)
o Asociación Academia Galega do Audiovisual
o Asociación Clúster do Audiovisual Galego
o Asociación Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta)
o Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)
o Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
o Asociación de Medios en Galego
o Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG)
o Asociación Galega de Artesáns (AGA)
o Asociación Galega de Editoras (AGE)
o Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega)
o Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)
o Asociación Galega de Produutoras Independentes (AGAPI)
o Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)
o Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)
o DAG – Asociación Galega de Deseño
o Emisoras Municipais Galegas
o Federación Coral Galega (FECOGA)
o Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP)
o Federación Teatral Afeccionada de Galicia (FETEAGAL)
o Fundación Carlos Casares
o Unión Internacional de Marionetistas – Delegación Galicia (UNIMA)
● Fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas:
o Arzobispado de Santiago de Compostela
o Asociación Patronato Museo Etnográfico da Capela
o Centro Estudios Melidenses – Museo Terra de Melide
o Federación de Libreiros de Galicia
o Fundación 10 de Marzo
o Fundación Araguaney – Puente de Culturas
o Fundación Benéfico Docente Fernando Blanco
o Fundación Biblioteca de la Casa Consulado
o Fundación Castelao
o Fundación Catedral de Santiago de Compostela
o Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea (CIEC)
o Fundación Compostela Arquitectura
o Fundación Dardo – Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas (DIDAC)
o Fundación Eugenio Granell
o Fundación Galiza Sempre
o Fundación Luis Seoane
o Fundación Luis Tilve
o Fundación Manuel María de Estudos Galegos
o Fundación Moncho Reboiras
o Fundación Museo Artes Grabado Estampa Digital
o Fundación Olga Gallego
o Fundación Pazos Cuchillo de Pazos
o Fundación Rede Innovación Arousa
o Fundación Rogelio Groba
o Fundación Rosalía de Castro
o Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas
o Museo Etnográfico Monte Caxado