O prazo para solicitar estas subvencións, que poden chegar ata os 60.000 euros por negocio, abre este venres e permanecerá activo ata o 13 de abril.
Turismo busca con esta partida consolidar a calidade do sector galego, financiando ata o 60% do orzamento total de cada proxecto.
A liña de axudas está deseñada para cubrir catro áreas críticas na xestión dun negocio turístico actual:
- Obras para subir de categoría (estrelas/tenedores) ou obter selos como o «Q de Calidade Turística».
- Reformas en climatización, sistemas de renovación de aire e eficiencia enerxética.
- Supresión de barreiras arquitectónicas e implantación de novos sistemas de xestión e comercialización dixital.
- Renovación de mobiliario, embelecemento da contorna do local e melloras nos sistemas de seguridade e saúde.
Desde 2022, Galicia leva investidos 18 millóns de euros nesta liña específica de apoio. No pasado exercicio 2025, un total de 212 negocios (144 de aloxamento e 68 de restauración) resultaron beneficiarios, cifras que a Xunta espera igualar ou superar neste 2026.