“Perdín a memoria”, de MJ Pérez, finalista nos Premios aRi[t]mar

A canción forma parte de Je tiens bon, o quinto álbum da artista, presentado recentemente na Festa do Queixo de Arzúa e que suma xa milleiros de reproducións nas plataformas dixitais.

A canción “Perdín a memoria”, de MJ Pérez, foi seleccionada como finalista nos Premios aRi[t]mar 2025, unha iniciativa que cada ano recoñece as mellores músicas en lingua galega e portuguesa a través dunha votación aberta ao público. O tema compite xunto a outras nove cancións da escena galega actual e poderá votarse ata o 27 de marzo a través da web aritmar.gal.

Comparte éste artículo
No hay comentarios