A banda galega Loita Amada actuará este sábado 21 en Viveiro, onde presentará en directo o seu último traballo discográfico, Resistir é Vencer. O concerto celebrarase na sala Garaje a partir das 21:30 horas. Nesta banda participa a trombonista viveirense Xiana Naval, integrante tamén da asociación cultural Pensamento e Sementeira. As persoas socias deste colectivo contarán cun 10 % de desconto na entrada, nunha iniciativa que reforza o vínculo entre o concerto e o tecido cultural da vila.
Descubre más noticias musicales como esta
Tras pasar por vilas e cidades galegas como Melide, Vigo, Compostela ou A Estrada, e despois de ofrecer tamén concertos en Euskadi, Loita Amada continúa coa xira de presentación do seu terceiro álbum, gravado nos Estudos Garate baixo a produción de Kaki Arkarazo. Neste traballo, a banda afonda nun son asentado no rock que incorpora influencias punk, folk, metal, reggae, ska e tradición galega, acompañado dunha marcada vertente lírica e social.

Entradas anticipadas
* Online: afouta.com
* Físicas: Bar O Recuncho
Loita Amada

Garaje – Viveiro

Sábado 21

21:30 h