O Club María Barbeito brilla no Galego de Base: rumbo ao Nacional!

O esforzo ten recompensa. En Sanxenxo, os ximnastas e técnicos de base demostraron o alto nivel do club, logrando o pleno de clasificacións para a cita nacional con resultados espectaculares:

  • 🥇 Carla Méndez – Campioa galega alevín 2015
  • 🥈 Adrián Vázquez – Subcampión galego infantil 2013
  • 🥇 Candela Mañas – Campioa galega cadete 2012
  • 🥈 Naiara García – Subcampioa galega cadete 2012
  • 🥇 Claudia Olveira – Campioa galega cadete 2011
  • Iria García – Clasificación conseguida en cadete 2011

No Club seguen coas mesmas ganas e a ilusión intacta para afrontar o Campionato de España. Grazas a todo o equipo por facernos sentir este #OrgulloBarbeito.

Comparte éste artículo
No hay comentarios