Lugo B e Boiro igualan un partido con dominio alterno

Lugo B e Boiro asinaron táboas tras un tempo para cada equipo. Los do Barbanza adiantáronse no comezo do segundo tempo e Hugo García empatou un cuarto de hora despois. Os dous equipos mantéñense na zona media-baixa da táboa, lonxe dos catro equipos que loitan por non descender.

Domino do Boiro

O partido púxose de cara moi cedo para o Boiro. Ante un Lugo B desbordado polo xogo visitante, Yago estivo a piques de anotar o 0-1 cun disparo que bateu na trabe. Insua, que recolleu a pelota, non puido gozar dun novo lanzamento que non foi entre os paus cando o reloxo pasaba polo décimo segundo minuto.
Con dominio visitante apareceu de novo Yago noutra boa situación. Aos 17 minutos, despois dunha voa acción de Landeira pola esquerda, o citado Yago apareceu na área para ser servido polo atacante, pero abriu demasiado o interior do pé e o coiro saíu demasiado cruzado.
O meta lugués mostrou demasiada debilidade nos centros laterais. No minuto 25 non mediu ben o lanzamento dun córner longo, pero contou coa fortuna pois a pelota bateu na perna dun compañeiro e voou aleatoriamente aos seus brazos.
Pouco despois o partido mudou coa lesión de Diego, que tivo que ser reemprazado por Juanma. A substitución acabaría sendo decisiva no segundo tempo.
Os mellores minutos branco e vermellos foron cando o partido superou a media hora de xogo. No minuto 35. Izan xutou alto despois dun control dentro da área. Un minuto máis tarde, situado no segundo pau, Hugo García ficou liberado para cabecear cruzado perto da escuadra.
A última ocasión da primeira metade foi para Dacal. O seu disparo, a un paso da media lúa, saíulle desviado.

Un gol para cada equipo

O partido decidiuse en quince minutos intensos e certeiros. O Boiro demorou sete segundos para forzar o primeiro tempo da segunda parte e Juanma, atento ao primeiro pau, voleou a pelota para celebrar o 0-1.
Unha das mellores accións do equipo local deu protagonismo a Pascu. Nunha acción individual quebrou a liña defensiva escapando de dous defensas, optou por disparar e Borja estivo oportuno nunha estirada coa que mandou a pelota pola liña de fondo.
No minuto 54, un minuto despois da ocasión anterior, Dacal atopou espazo pola esquerda, deu continuidade cun centro para Hugo García, pero a cabezada do ferrolán rematou coa pelota entra as mans de Borja.
Dani Galán entendeu que o equipo precisaba outros argumentos e sorprendeu con tres substitucións. O equipo parecía menos ofensivo, pero con máis eficacia en ataque coa entrada de Antón e Deán.
O empate chegou no minuto 61, cando Hugo García esperou un despexe que lle caeu nos pés a cinco metros da frontal e cun poderoso disparo cruzado, forzando que a pelota botara antes da estirada do meta visitante, conseguiu o empate que acabaría sendo definitivo.
O Boiro mellorou tras o gol en contra até conseguir que o dominio fora alterno. Na última media hora non houbo grandes ocasións e o encontro rematou cun empate que mantén aos dous equipos na zona media-baixa da táboa, malia que lonxe de sentírense ameazados por un descenso.

Ficha

XOVES 19/03/2026 (16,00) Campo: A CHEDA (100)
C.D. LUGO B : 1 – C.D. BOIRO : 1 (0‑0)
LUG :
Mateo Suárez; Marcos González, Hugo Díaz, Tomás, Izan (Antón 57’); Dacal (Noah 67’), Keko, Hugo García (Andrés 78’), Mateo (Deán 57’), Pascu; Tsompanis (Fofana 57’). Tre. Dani Galán. (Banco: Candal (g); Álex; Buíde; Delgado).
BOI : Borja; Zambrana, Ozores (Adrián Castro 82’), Iago, Samu; Insua (Prol 62’), Diego (Juanma 32’), Mario Romero, Moreyra (Dani Nieto 82’); Yago (Juampa 62’), Landeira. Tre. José Tizón. (Banco: Lois (g); Iván Alonso; Víctor Casais).
Goles: 0-1 Juanma 46’;1-1 Hugo García 61’.
Árbitro: Arredondas Fernández (Galiza-Vigo). Auxiliares: Godoy Luján e Campos Rodríguez.
Disciplina: CA: Iago 33’; Fofana 58’; Hugo García 75’ / Buíde (sup. LUG) 85’.

Foto: Tsompanis atrapado entre Mario Romero e Diego, que remataría lastimado. © 21noticias.com

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios