A Asemblea da Mocidade Traballadora da Muralla preséntase en Lugo cunha xornada política e cultural

Contactámoslles dende a Asemblea da Mocidade Traballadora (AMT) da Muralla, organismo de base local da Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) en Lugo e do Movemento Socialista (MS), con motivo de informarlles ao respecto da presentación e apertura ao público das nosas asembleas, que teñen como obxectivo dinamizar a acción política a nivel local e difundir a conciencia de clase entre todas a capas da clase traballadora lucense en diferentes ámbitos, sexa teórico, lúdico ou cultural.

O acto levarase a cabo o próximo xoves 26 no Centro Social Mádia Leva ás 19:30 e consistirá nunha charla de presentación focalizada na necesidade da organización fronte ao auxe belicista, o rearmamento e o imperialismo, seguida dun concerto do grupo O Conto de Sempre ás 20:15 e un micro aberto musical ás 21:00, acompañado de varios petiscos veganos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios