O Montañeros tampouco para ao Arosa

O Montañeros caeu en Elviña fronte a un dos equipos máis en forma do momento, o Arosa. O cadro de Vilagarcía, que se limitou a encamiñar axiña o resultado e logo saber xogar as súas bazas, anotou por medio dun penalti que fixo Iago a Álex e transformou Rivera.

Álex segue no seu momento doce

O Montañeros comezou o partido con moita presión sobre o Arosa, o que lle permitiu achegarse ás proximidades da área visitante en tres ocasións. Alén diso, o cadro de Vilagarcía mostrou o momento de forma colectivo, e particularmente de Álex, aos nove minutos. O exterior controlou na esquerda, entrou na área até a liña de fondo, onde driblou a Iago antes de ser derrubado polo central. Rivera encargouse de lanar o penalti e subir o 0-1.
Non demorou en volver a chegar o cadro morado para responder ao gol en contra, pero Juan de Dora, querendo sorprender con calcañar, mandou desviado o centro desde s sía dereita ao cuarto de hora.
O Montañeros parecía ir a reboque do partido, marcando un ritmo no que había máis ansiedade que orde. Achore non era quen de fixarse na súa posición, buscando tapar os espazos interiores en apoio de Carreira ou de Álex Delgado para evitar que Remeseiro desequilibrara desde a divisoria.
O último do primeiro tempo foi antes da media hora, cun disparo de Dani que tampouco sorprendeu a Chema.

Nadar e gardar

O disparo directo do Arosa no saque inicial pareceu mudar a tendencia ofensiva do partido. Dous minutos e medio despois, entre Chema e o poste evitaron que Álex Delgado anotara un golazo de libre directo. Foi un espellismo. O Arosa, sen ter o balón, soubo manexar o tempo do partido para ue pasaran poucas cousas.
O máis importante para is locais foino minuto 69, nun córner fechado que lanzou Ogando e rozou Juan de Dora. A pelota pasou a rentes do pau.
As substitucións fortaleceron máis o fútbol no centro do campo. O Arosa gozou de espazos, pero a precipitación de Gabri fixo que caera en fóra de xogo nas dúas últimas arrancadas.
Pouco antes, no minuto 81, Iñaki puido aforrar incertezas cando recolleu perto do bico da área, penetrou na mesma pero o seu xute cruzado pasou por riba da escuadra.
O Arosa suma a décimo primeira xornada sen perder, non oito triiunfos e tres empates, que lle fan ter moitas esperanzas no ascenso directo fronte a un Compostela que está indo de máis a menos.
Pola súa banda, o Montañeros ve freado o seu intento de acceder aos postos da táboa que dan dereito á fase de ascenso.

Ficha

DOMINGO 22/03/2026 (12,30) Campo: JUAN ACUÑA NAYA (250)
AT. CORUÑA MONTAÑEROS C.F. : 0 – AROSA S. CULT. : 1 (0‑1)

COR : Moreno; Achore (Samu 64’), Longueira (Jorge Otero 64’), Iago, Ogando; Álex Delgado (Álex Suárez 70’), Balsa (Cano 70’), Carreira, Dani (Gaye 85’), Diego; Juan de Dora. Tre. Jairo Noriega. (Banco: Guillermo (g); Mauro).
ARO : Chema; Susavila, Edgar, Samu, Luis Castro; Rivera (Iñaki 62’), Remeseiro, Concheiro, Javi Rey (Kanteh 83’), Martín Diz; Álex (Gabri 62’). Tre. Gonza Fernández. (Banco:; Manu Figueroa (g); Torrado; Manu; Sindo; Lombao; Yoel Crespo).
Goles: 0-1 Rivera 9’(p).
Árbitro: Carrillo Chekhov (Galiza-Santiago). Auxiliares: Elespe Tireux e Rodríguez Moar.
Disciplina: CA: Iñaki 68’; Samu 32’; Chema 85’; Susavila 90’/ Alex Figueroa 80’.

Foto: Carreira levando un balón por diante de Álex. © 21noticias.com

Comparte éste artículo
No hay comentarios