O PP pedirá o apoio unánime do pleno para dedicar a Ponte de As Samasas a Tomás Notario Vacas

O Grupo Popular defenderá no pleno deste xoves unha iniciativa para que a ponte das Saamasas leve o nome de Tomás Notario Vacas, promotor desta infraestrutura clave para Lugo.

Ata o momento, o goberno local limitouse a cumprir un trámite administrativo trasladando a petición do Colexio de Enxeñeiros ao Ministerio. Desde o PP consideramos que é necesario ir máis alá e lograr un respaldo unánime da Corporación para facer unha solicitude firme que poña en valor a quen fixo posible esta obra.

Trátase dun recoñecemento xusto a un alcalde da historia recente de Lugo, vinculando o seu nome a unha infraestrutura estratéxica da cidade.

Ademais, o Grupo Popular levará ao pleno outras iniciativas xa presentadas nos últimos días:

* Un plan integral de mellora dos polígonos do Ceao e As Gándaras.

* A esixencia ao Goberno de España de mellorar a conectividade de Lugo.

* E o impulso dun proxecto de consenso sobre o futuro da estación de autobuses.

Desde o PP seguimos traballando con propostas concretas para avanzar no desenvolvemento de Lugo e dar resposta ás necesidades da veciñanza.

Comparte éste artículo
No hay comentarios