Presentación de “Ouriceira. Libro colectivo I” na Despensa de Saa 

O venres 27 ás 20:00 horas, na Taberna Cultural A Despensa de Saa, presentarase o primeiro libro colectivo da colección Ouriceira de Kamarada Editorial.

O libro nace das achegas dos subscritores da colección “Restrelos” de Kamarada Editorial, cuxo primeiro libro é “O soño de Patti Smith” de Xesús Trashorras, xa publicado, e o segundo, en preparación, será de Marica Campo e o terceiro de Xulio Valcárcel.

Kamarada Editorial é un proxecto impulsado por Cris de Iskoö desde San Cosme de Barreiros, Castroverde. Unha clara intención de xerar sinerxias culturais no rural e proxectalas no arredor e cara ao mundo urbano, porque non todos os faros están no cemento das urbes.

No libro participan 41 autoras e autores de toda Galicia con poesía ou relato. Algúns deles participarán no evento.

Comparte éste artículo
No hay comentarios