Lugo acolle o outlet de fin de tempada dos comercios do centro histórico

Arroxo destacou «o papel fundamental do comercio local como motor económico e social da cidade», poñendo en valor iniciativas coma esta, «que permiten dinamizar o centro de Lugo e apoiar ao pequeno comercio».

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, visitou xunto ao presidente da Lugo Monumental, Luis Latorre, a iniciativa da fin de tempada organizada pola asociación e que durante os días 26 e 27 de marzo de 2026 enche as rúas do centro histórico de produtos a prezos de outlet.

Arroxo destacou «o papel fundamental do comercio local como motor económico e social da cidade», poñendo en valor iniciativas coma esta, «que permiten dinamizar o centro de Lugo e apoiar ao pequeno comercio e ofrecer á veciñanza produtos de calidade a prezos accesibles».

Nesta campaña participan arredor de 40 establecementos que sacan á rúa unha ampla variedade de artigos co obxectivo de dar saída ao stock antes da chegada da nova tempada. 

Rubén Arroxo animou á cidadanía e ás persoas visitantes a achegarse ao centro histórico durante estas xornadas, “para descubrir a calidade e o trato próximo que caracterizan ao comercio local lucense”.

Para facilitar a localización dos establecementos participantes, Lugo Monumental puxo a disposición do público un mapa actualizado co conxunto de locais adheridos á campaña.

Comparte éste artículo
No hay comentarios