Ukestra do medio publica o seu novo disco “De Aquí e Acolá”

Ukestra do medio publica este venres 27 de marzo ‘De Aquí e Acolá’, o seu terceiro disco de estudio do que xa se coñecen adiantos como ‘Vamos Lá!’, ‘A Candeloria’ ou ‘O demo no corpo’.

Descubre más noticias musicales cómo ésta

Ukestra do medio publica este venres 27 de marzo ‘De Aquí e Acolá’, o seu terceiro disco de estudio do que xa se coñecen adiantos como ‘Vamos Lá!’, ‘A Candeloria’ ou ‘O demo no corpo’. O disco componse de 10 temas e ábrese a inspiracións non exploradas anteriormente. Así, a cumbia, a bossa nova ou a música de aire tradicional conviven con ritmos máis habituais nos traballos da Ukestra como son o pop, o swing, o folk ou a música de aire country. Unha mestura intencionalmente ecléctica e heterodoxa.

‘De Aquí e Acolá’ preséntase como o disco máis alegre da Ukestra do medio, no que predominan a celebración da natureza e da vida e a esencia do cotiá, sempre presente na narrativa da súas producións. Pero tamén hai espazo para certa melancolía relacionada co desarraigo, para as lendas tradicionais de mouros e tesouros e como non, para o desamor. Aínda que con certa ollada de esperanza. A ironía e as letras críticas tamén teñen o seu espazo neste novo traballo.

O título do disco fai referencia á diversidade de estilos nas músicas e de historias nas letras. Esa mesma variedade está recollida na idea do deseño da cuberta, un pasaporte no que cada carimbo é unha das cancións do disco. Todo isto condensa a idea de que a escoita é unha especie de viaxe por lugares e ambientes ben diversos.

‘De Aquí e Acolá’ foi gravado e mesturado por Jacobo Iglesias nos Estudios Potemkin, excepto ‘A Candelória’ (Xurxo Pinheiro no Laboratório Soyuz). E masterizado por José Martínez en Bonham Studios. Todos os temas son da Ukestra do Medio excepto «Tonight You Belong to Me», composta en 1926 por Billy Rose e Lee David. Da que existen versións tocadas con ukulele como a de Eddie Vedder no disco Ukulele Songs (2011).

Kátia Mera: Ukulele de concerto, pandeireta e voces.
César Parcero: Ukulele barítono, ukulele tenor, mandolina e voces.
Alberte L.C.: Ukebaixo, baixo eléctrico, ukulele soprano e voces.
Yolanda Porto: Cajón, tábua de lavar, shaker, castanholas e voces.
Carlos Gómez ‘Soni’: Ukulele de concerto, pandeireta e voces.

María Caramés: theremin en Lisca de Aqui, coros en Eira dos Mouros e Foi Embora.
Adrián Long&Art: tambores, bombo e güiro en Cabo de Boa Esperanza.
Jacobo Iglesias: tarola en Eira dos Mouros.

Deseño: Diego de la Iglesia (Guillotina Estudio).

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios