Jennifer Gómez Galego elixida nova secretaria xeral do PSdeG de Muras

A dirección provincial do PSdeG de Lugo impulsa a renovación da agrupación local coa constitución da nova Comisión Executiva Municipal

 A Asemblea Extraordinaria da agrupación socialista de Muras, celebrada na tarde do venres 27 de marzo, acordou a elección e constitución da nova Comisión Executiva Municipal, dentro do proceso de reforzo orgánico que a dirección provincial do PSdeG de Lugo está a impulsar no conxunto do territorio.

Na xuntanza, as e os militantes elixiron como secretaria xeral a Jennifer Gómez Galego, voceira do PSdeG no Concello de Muras, que estará á fronte da nova dirección local co obxectivo de fortalecer o proxecto socialista no municipio e intensificar a acción política en contacto directo coa veciñanza.

A nova Comisión Executiva Municipal complétase cos seguintes cargos:

  • Secretaría Xeral: Jennifer Gómez Galego
  • Secretaría de Organización: Jonatan Carballido Pernas
  • Secretaría de Política Municipal: Rocío López Cao

Dende a dirección provincial subliñan que “a constitución da Executiva de Muras supón un paso importante para seguir reforzando as agrupacións locais e avanzar na preparación do proxecto socialista de cara ás vindeiras eleccións municipais”. “O noso obxectivo é consolidar unha alternativa sólida, útil e pegada ás necesidades reais da veciñanza de Muras”, conclúen.

Comparte éste artículo
No hay comentarios