O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañado do representate da Xunta, Martín Alemparte Vidal, participou este domingo na XLIV Feira do Viño de Quiroga, que incluíu durante esta fin de semana catas, actuacións musicais e diferentes actividades como o XVII Certame Celtibérico de bandas de gaitas. Este evento, que reuniu a 14 bodegas da zona, conta cunha importante colaboración por parte da Deputación de Lugo, que achega preto de 36.000€ a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2026, para a celebración desta cita. Rivera Capón recalcou que “a Feira do Viño de Quiroga é unha cita clave no noso calendario para a promoción do sector vitivinícola e para a dinamización económica de toda a comarca”.