A Asemblea Local do BNG de Lugo reuniuse hoxe para comezar a traballar no proceso interno de confección de candidatura de cara ás eleccións municipais do 2026, seguindo o calendario de traballos establecido pola Dirección Nacional do BNG. O Responsábel Local do BNG, Antón Bao, explicou que «o BNG é unha organización democrática, e todas as cuestións importantes, como a cabeza de lista de cara a unhas eleccións municipais, escóllense entre toda a militancia».
O BNG abrirá un prazo durante o cal calquera militante poderá presentar a súa candidatura para unhas eleccións nas que, segundo declarou Bao, «imos ir a por todas para avanzar con ilusión e ganas de seguir no cambio profundo que estamos a executar en Lugo». Unha vez rematado o prazo, a Asemblea Local volverá reunirse e escollerá a persoa que encabezará a candidatra de Lugo.
A proposta que aprobe a Asemblea Local será posteriormente refrendada polo Consello Comarcal e polo Consello Nacional do BNG. Antón Bao afirmou que o BNG «foi escollida como a organización política máis democrática segundo o estudo realizado pola iniciativa +democracia, o que se demostra con procedementos como este, onde se da a voz a toda a militancia».