Un total de 36 probas conforman o Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña en 2026

O programa percorrerá a provincia ao longo do ano con probas en diferentes concellos e distancias.

 A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a relación de probas que integran o XII Circuíto de Carreiras, unha iniciativa consolidada que volverá levar o atletismo popular a 36 concellos da provincia ao longo de 2026 e que o pasado ano reuniu a arredor de 18.000 atletas de todas as idades.

As carreiras desta edición comezaron xa esta pasada fin de semana coa celebración da Carreira Popular Pascua de Padrón, unha das probas máis consolidadas do calendario.

O circuíto estará composto por 36 carreiras, que se celebrarán en diferentes concellos coruñeses e que incluirán probas de distintas distancias, adaptadas a diversos niveis de participación.

A relación completa de carreiras é a seguinte:

NomeConcelloData de celebración
45º Carreira Popular Pascua de PadrónPadrón4 de abril
Carreira Popular Concello de VimianzoVimianzo12 de abril
XI Carreira Pedestre Concello de ZasZas26 de abril
XI Carreira Pedestre Popular Concello de FradesFrades1 de maio
Carreira Popular da BañaA Baña3 de maio
X Carreira Pedestre Concello de DumbríaDumbría23 de maio
XXIX Carreira Popular Concello de OrdesOrdes24 de maio
XI Carreira Popular Concello de MoecheMoeche30 de maio
10K Carballo. XIV Carreira Popular Concello de CarballoCarballo7 de xuño
6ª Popular Faro RoncudoPonteceso13 de xuño
Volta ás ForcadasValdoviño14 de xuño
Carreira Popular do ApóstoloA Laracha18 de xullo
11ª Carreira Pedestre Nocturna Concello de CeeCee18 de xullo
Piñeiral de CabanasCabanas2 de agosto
Milla Urbana Concello de AresAres8 de agosto
X Corretroita Popular Concello de SobradoSobrado8 de agosto
XXXIII Carreira Popular Concello de CambreCambre15 de agosto
Carreira Pedestre Popular de Noia (Noia Medieval)Noia29 de agosto
Carreira Popular Concello da Pobra do CaramiñalA Pobra do Caramiñal30 de agosto
Carreira Vila de CorcubiónCorcubión5 de setembro
Carreira Nocturna “Corre por Ferrol”Ferrol12 de setembro
XI Carreira Popular Dolmen de DombateCabana de Bergantiños19 de setembro
XXI Carreira Pedestre Popular Concello de O PinoO Pino20 de setembro
XXVII Carreira Popular Santa Uxía – Memorial Miguel RuizRibeira26 de setembro
Trillazo 2026Trazo26 de setembro
Carreira das AreasCarnota27 de setembro
XLIII Carreira Pedestre Popular da AmaíaBrión3 de outubro
XXI Carreira Pedestre de LestrobeDodro12 de outubro
IV Trail Concello de MañónMañón17 de outubro
XXV Carreira Pedestre Popular Concello de AmesAmes18 de outubro
XII Carreira Popular Concello de RianxoRianxo1 de novembro
Carreira Internacional A Clásica de NegreiraNegreira15 de novembro
XXI Carreira Popular Mar de Boiro – Memorial Pepe BucetaBoiro6 de decembro
Sinsón 10KPorto do Son20 de decembro
San Silvestre Concello de NedaNeda31 de decembro

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou “a boa acollida que ten cada ano o circuíto e o traballo conxunto entre a Deputación, os concellos e a Federación Galega de Atletismo para garantir probas ben organizadas e abertas a todo tipo de participantes”.

O XII Circuíto manterá o seu carácter aberto, con categorías para diferentes idades e niveis, consolidando un calendario deportivo presente en toda a provincia ao longo do ano.

Comparte éste artículo
No hay comentarios