O PP de Foz esixe a revisión da ponte da Ronqueira no paseo entre a Rapadoira e Llas ante o risco por un varanda solta

O portavoz, Javier Castiñeira, advirte da falta de mantemento por parte do Concello e de Costas del Estado polo que convida ao alcalde a revisar o estado dos paseos costeiros e trasladar a esixencia ao Goberno do Estado, que depende da súa mesma forza política.

O Partido Popular de Foz esixe a revisión da ponte da Ronqueira, no paseo marítimo desde a praia da Rapadoira ata a de Llas, un dos sitios máis transitados de Foz tanto por veciños como visitantes ao ser unha referencia turística.

“Entendemos que é importante que o equipo de goberno atenda esta petición para intentar garantir o risco 0 para os usuarios” á vista de que “nos últimos días estaba bastante solta unha das varandas”, expón o portavoz, Javier Castiñeira.

Castiñeira incide en que “está moi ben esixir civismo e queixarse porque a xentequite as vallas; pero, loxicamente, os representantes das administracións teñen que facer o seu traballo tamén”. De feito, “as vallas están porque os paseos non están en condicións para ser empregados” porque “non se fai mantemento nin por parte de Costas del Estado nin por parte do Concello”.

O popular cita “o caso de Cangas” que considera “flagrante” porque “leva anos así e o alcalde debe pensar que con cortar o paseo xa se soluciona todo”.

Javier Castiñeira mantén que o Concello deber revisar o estado dos paseos costeiros e trasladar á Dirección General de Costas del Estado as deficiencias existentes. 

“Está moi ben esixir cando as administracións están gobernadas por outras forzas políticas, pero pedimos ao señor alcalde que faga exactamente o mesmo cando as administracións dependen do seu propio partido como é o caso do Goberno de Estado e, concretamente, de Costas del Estado”, conclúe.

Comparte éste artículo
No hay comentarios