A Deputación de Lugo aclara que a licitación da residencia de maiores de Becerreá xa estaba en marcha antes da sentenza do TSXG.

A Deputación Provincial de Lugo  reafirma o seu compromiso coa apertura da residencia de maiores de Becerreá e manifesta, ao mesmo tempo, o seu respecto á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Non obstante, a institución provincial deixa claro que o fallo xudicial non introduce ningunha novidade sobre o traballo que xa viña desenvolvendo: todos os trámites administrativos, incluída a licitación do centro, estaban iniciados con anterioridade e continúan avanzando con rigor, responsabilidade e pleno respecto á legalidade vixente, acorde coa complexidade dun proxecto que será o maior da rede provincial e que require unha tramitación á altura da súa envergadura. Neste contexto, a Deputación considera necesario aclarar os seguintes puntos:

  • Todos os trámites, incluída a licitación, xa estaban en marcha antes da sentenza. A sentenza non descubre nada que non estivese xa facendo. O Pleno provincial aprobou en xullo de 2025 toda a documentación necesaria para licitar a xestión do centro: a memoria económica completa, o réxime xurídico do servizo e a forma de xestión mediante concesión de servizos públicos. O 26 de marzo de 2026, catro días antes do fallo xudicial, ditouse a Providencia de inicio do expediente de contratación, co número de rexistro 2026/CON_02/000026.
  • A Deputación non precisa unha sentenza que obrigue a abrir a residencia, porque a institución provincial leva anos traballando para iso, con documentación que evidencia os máis de 75 trámites realizados.
  • Un centro de 136 prazas require tempo e pasos en firme. O centro de Becerreá, con 96 prazas residenciais e 40 de centro de día, será o maior Centro de Atención a Maiores de toda a rede provincial, triplicando a capacidade dos centros existentes. Un centro desa envergadura non se pode xestionar como unha pequena residencia. Os estudos previos recomendaron tramitar unha concesión de servizos públicos con informes obrigatorios de organismos estatais e autonómicos. Son trámites que levan tempo, pero que non se poden saltar.
  • Unha pandemia e unha crise de materiais non son escusas: son feitos. A Deputación lembra a pandemia e o estado de alarma de 2020, que paralizaron toda a actividade construtiva do país, unha crise mundial de subministracións que entre 2021 e 2023 provocou unha parada de case seis meses por falta de materiais. Non son escusas, son feitos que afectaron a miles de obras en toda España e que están documentados. Unha situación que afectou a todas as administracións.
  • Uns prazos que están dentro da media provincial. A Deputación achegou ao procedemento xudicial datos de oito residencias provinciais nas que o tempo entre convenio e apertura oscilou entre oito e doce anos.
  • Compromiso inequívoco coa apertura. O compromiso da Deputación coas familias e coas persoas maiores é firme. A residencia de Becerreá vai abrirse, o expediente xa está en marcha e o traballo neste momento da Deputación pasa porque a licitación avance o máis rápido que a lei permite. O mellor exemplo disto aparece reflectido na propia memoria económica, xa que a pesar de non estar obrigados a facelo, a Deputación asume subvencionar entre 30 e 40 prazas a prezos similares ao do resto da nosa rede de residencias para os empadroados nese Concello.

HISTÓRICO DE TRAMITACIÓN DA RESIDENCIA DE BECERREÁ DESDE O PRINCIPIO ATA A ACTUALIDADE

Nº DOCUMENTODESCRICIÓN
  
1Resolución da secretaría xeral técnica do 23.04.2013 da Xunta de Galicia pola que se acorda a autorización administrativa para a creación dunha residencia para maiores de Becerreá e dun centro de día para maiores de Becerreá, remitida polo Concello de Becerreá á Deputación de Lugo.
  
2Convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello de Becerreá para a execución dos fins comúns consistentes na demolición de edificación antigo fogar escola e construción e xestión dun centro de dia e residencial comarcal en  Becerreá formalizado o 19.12.2016
  
3Solicitude á Xunta de Galicia de modificación da entidade titular das citadas autorizacións de creación/construción dos centros Residencia para persas maiores de Becerreá, nº de expediente BS 103-D 2013/000008-0 e do Centro de Día para persas maiores de Becerreá, nº de expediente BS 103-D2013/000009-0 rexistrada o 26.01.2018.
  
4Informe da sección de Benestar Social e Igualdade relativa á prórroga convenio colaboración CAM Becerreá do 14.02.2020
  
5Addenda ao convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello de Becerreá para a execución dos fins comúns consistentes na demolición de edificación antigo fogar escola e construción e xestión dun centro de dia e residencial comarcal en Becerreá formalizada o 17.04.2020.
  
6Solicitude do 10.11.2022 de convocatoria de comisión de seguimento en convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello de Becerreá para a execución dos fins comúns consistentes na demolición de edificación antigo fogar escola e construción e xestión dun centro de día e residencial comarcal en Becerreá e contestación do 28.03.2023
  
7Requirimento para o cumprimento do convenio administrativo subscrito entre o Concello de Becerreá e a  Deputación de Lugo, de 19.12.2016 , que se formula con carácter previo o inicio dun procedemento contencioso-administrativo entre administracións públicas, ao amparo do artigo 44.1 da Ley 29/1998, do 16.02.2024
  
8Acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo do 12.04.2024 de impulso para a posta en funcionamento do centro de Atención a Persoas Maiores de Becerreá e comunicación do mesmo ás interesadas.
  
9Notificación ao Concello de Becerreá do acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo do 12.04.2024 de impulso para a posta en funcionamento do centro de Atención a Persoas Maiores de Becerreá e comunicación do mesmo ás interesadas.
  
10Notificación ao apoderado do Concello de Becerreá do acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo do 12.04.2024 de impulso para a posta en funcionamento do centro de Atención a Persoas Maiores de Becerreá.
  
11Contestación do Concello de Becerreá ao anuncio do Presidente, que ordena aos servizos técnicos da Deputación priorizar as tarefas necesarias para axilizar o proceso de apertura da residencia de Becerreá, o 19.04.2024
  
12Informe relativo ás vistas de comprobación do estado actual do centro de atención ás persoas maiores de Becerreá para o cumprimento do impulso para a súa posta en funcionamento do 10.07.2024
  
13Informe relativo as necesidades de inversión segundo ás vistas de comprobación do estado actual do centro de atención ás persoas maiores de Becerreá para o cumprimento do impulso para a súa posta en funcionamento do 02.09.2024
  
14Informe de Benestar Social e Igualdade relativo á aprobación do inicio do expediente de actividade económica e réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 13.09.2024
  
15Proposta deputado Área de Promoción Económica e Social relativa á aprobación do inicio do expediente de actividade económica e réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 13.09.2024
  
16Acta da comisión de asuntos do Pleno realizada o 19.09.2024, relativa á Proposta para aprobación, se procede, do inicio do expediente de actividade económica en réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá.
  
17Convocatoria e orden do día da sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Lugo a realizar o 24.09.2024
  
18Certificado acordo plenario relativo á aprobación do inicio do expediente de actividade económica e réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá.
  
19Anuncio consulta pública previa a participación dá cidadanía conforme ao establecido no art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas en relación á ordenanza de acceso ao servizo de atención diúrna e servizo de atención residencial do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 27.09.2024.
  
20Publicación anuncio consulta pública previa a participación dá cidadanía conforme ao establecido no art. 133 da lei 39/2015, en relación á ordenanza de acceso ao servizo de atención diúrna e servizo de atención residencial do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 27.09.2024.
  
21Escrito rexistrado por Víctor Valcárcel Fernández co DNI ***4888** o 02.10.2024, en representación da Plataforma Pro apertura da Residencia comarcal de Becerreá, expediente 2024/PES_03/018682
  
22Proposta para designación dos membros da comisión de estudio conforme ao Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local do CAM de Becerreá do 02.10.2024
  
23Decreto de designación dos membros da comisión de estudio conforme ao Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local do CAM de Becerreá do 02.10.2024
  
24Convocatoria da primeira reunión da Comisión de estudio para o exercicio de actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá, conforme ao Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local do 02.10.2024  
  
25Contestación do 04.10.2025 ao escrito rexistrado por Víctor Valcárcel Fernández co DNI ***4888** o 02.10.2024, en representación da Plataforma Pro apertura da Residencia comarcal de Becerreá, expediente 2024/PES_03/018682 e acuse de recibo
  
26Certificación da primeira reunión realizada o 04.10.2024 da Comisión de estudo da actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá asinada o 17.10.2024
  
27Escrito de alegacións asinado o 07.10.2024 polo representante legal do Concello de Becerreá e rexistrado na Deputación de Lugo o 08.10.2024 co número de expediente 2024/PES_03/019198
  
28Escrito de alegacións formalizado o 07.10.2024 por Maria Lourdes Fernandez Arias co DNI ***2266** como membro da Plataforma “Pro apertura residencia comarcal de Becerreá” co número de expediente 2024/PES_03/019284 e rexistrado na Deputación de Lugo o  08.10.2024
  
29Certificación da segunda reunión realizada o 25.10.2024 da Comisión de estudo da actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá asinada o 31.10.2024
  
30Contestación ao escrito rexistrado por Víctor Valcárcel Fernández co DNI ***4888** o 02.10.2024, en representación da Plataforma Pro apertura da Residencia comarcal de Becerreá, expediente 2024/PES_03/018682
  
31Contestación ao escrito rexistrado polo representante legal do concello de Becerreá co número de expediente 2024/PES_03/019198 e acuse de noterechazo
  
32Contestación ao escrito rexistrado por Maria Lourdes Fernandez Arias co DNI ***2266** como membro da Plataforma “Pro apertura residencia comarcal de Becerreá” co número de expediente 2024/PES_03/019284 e acuse de recibo
  
33Certificación da terceira reunión realizada o 08.11.2024 da Comisión de estudo da actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá asinada o 12.11.2024
  
34Informe da asistencia técnica para axilizar estudio de viabilidade técnica, económica e financeira para el funcionamento de cam de Becerreá da rede de centros da deputación de Lugo do 14.11.2024
  
35Informe aspecto xurídico da memoria relativa á actividade económica de centro de atención a maiores de Becerreá, do 14.11.2024
  
36Informe da sección de Benestar Social e Igualdade relativo á aprobación do inicio do expediente de actividade económica e réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá, do 14.11.2024
  
37Informe do servizo de recursos humanos e asistencia a concellos relativo á dotación de efectivos con ocasión ao inicio de actividade e apertura do centro de atención a maiores de Becerreá, do 14.11.2024
  
38Informe de intervención relativo á inicio de actividade económica e determinación da forma de xestión do servizo público do centro de atención a persoas maiores de Becerreá, do 14.11.2024
  
39Informe do servizo de contratación e fomento relativo á forma de xestión da actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá, do 14.11.2024
  
40Certificación da acta da cuarta reunión  realizada o 15.11.2024 da Comisión de estudo da actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá asinada o 22.11.2025
  
41Informe complementario da sección de Benestar Social e Igualdade relativo á aprobación do inicio do expediente de actividade económica e réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá
  
42Convocatoria da V Comisión de estudo da actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 18.02.2025
  
43Certificación da quinta reunión da Comisión de estudo da actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 19.02.2025
  
44Memoria relativa aos aspectos social, xurídico, técnico e financeiro da actividade económica do cam de Becerreá, na que se determina a sua forma de xestión do 19.02.2025
  
45Proposta de aprobación da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 19.02.2025, do expediente 2024/XEN_01/003336
  
46Convocatoria da sesión ordinaria a celebrar polo Pleno da Excma. Deputación Provincial, en primeira convocatoria ás once horas do día vinte e cinco de febreiro de 2025, do 20.02.2025
  
47Acta da comisión de asuntos do pleno da sesión extraordinaria urxente realizada o día 20 de febreiro de 2025, asinada a 24.02.2025
  
48Certificación do Pleno da Deputación de Lugo en sesión ordinaria realizada o día vinte e cinco de febreiro de dous mil vinte e cinco, relativa á Proposta de aprobación, se procede, da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá, do 26.02.2025
  
49Remisión dos anuncios relativos á aprobación inicial do réxime xurídico do CAM de Becerreá para súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o 03.03.2025
  
50Publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 054, do 07.03.2025 da exposición pública relativa á aprobación inicial do réxime xurídico do CAM de Becerreá para súa publicación
  
51Petición para realizar a publicación no Publicación portal transparencia na web de Deputación de Lugo Memoria publicada no portal de Transparencia 01.04.2025
  
52Solicitude do Concello de Becerreá de acceso electrónico ao expediente relativo á aprobación do réxime xurídico do CAM de Becerreá e petición de publicación da Memoria. 18.03.2025
  
53Relación das alegacións en modelo prototipo realizado por diversidade de persoas á Memoria relativa aos aspectos social, xurídico, técnico e financieiro da actividade económica, a ordenanza para o acceso ao servizo de atención residencial e o regulamento de réxime interno CAM de Becerreá dende o 25.03.2025 ata o 07.04.2025, xunto coa documentación rexistrada
  
54Alegación realizada polo Grupo Provincial do Partido Popular á Memoria relativa aos aspectos social, xurídico, técnico e financieiro da actividade económica, a ordenanza para o acceso ao servizo de atención residencial e o regulamento de réxime interno CAM de Becerreá rexistrada o 03.04.2025
  
55Formulación de alegacións por parte do Concello de Becerreá  dentro do trámite de información pública iniciado mediante o anuncio de 07.03.2025, que fixo pública a aprobación inicial da memoria relativa aos aspectos social, xurídico, técnico e financeiro das actividades económicas do centro de atención a persoas maiores de Becerreá, adoptada mediante acordo do Pleno da Deputación do 25.02.2025
  
56Convocatoria da VI Comisión de estudo da actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 12.062025
  
57Informe da Comisión de estudio conforme ao Real Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, da actividade económica e réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá, relativo as alegacións da exposición Pública, de 16.06.2025
  
58Proposta de aprobación definitiva da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 16.06.2025
  
59Acta da Comisión de asuntos do Pleno do 19.06.2025
  
60Certificación do acordo de rexeitar a Proposta de aprobación definitiva da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 24.06.2025
  
61Informe xurídico sobre aprobación definitiva da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 15.07.2025
  
62Proposta de aprobación definitiva da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 16.07.2025
  
63Acta da Comisión de asuntos do Pleno do 22.07.2025
  
64Certificación do acordo de dar aprobación á Proposta de aprobación definitiva da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá do 29.07.2025
  
65Solicitude do Concello de Becerreá de notificar ao Concello o Acordo de 24.06.2025, conformado por todos os documentos e informes que serviran servido de antecedente e  fundamento da decisión adoptada de 17.09.2025
  
66Traslado ao Concello de Becerreá e a Fernando Mingo De Vierna do acceso electrónico ao expediente referido, mediante a descarga dos mesmos do Almacén do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, da Secretaria de Estado de Función Pública, da Secretaría General de Administración Dixital, https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/ aos correos de referencia fmingo@perezllorca.com e concellodebecerrea@telefonica.net o 30.09.2025
  
67Notificación a Fernando Mingo De Vierna do acordo do Pleno da Deputación de Lugo do 24.06.2025 relativo aprobación definitiva da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá o 30.09.2025
  
68Notificación ao Concello de Becerreá do acordo do Pleno da Deputación de Lugo do 24.06.2025 relativo aprobación definitiva da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá o 01.10.2025.
  
69Notificación ao Concello de Becerreá do acordo do Pleno da Deputación de Lugo do 29.07.2025 relativo aprobación definitiva da actividade económica e do réxime xurídico do centro de atención a persoas maiores de Becerreá o 01.10.2025.
70Oficio de solicitude de informe preceptivo da Oficina Nacional de Evaluación (ONE) para licitar o contrato de prestación de servizos do CAM de Becerreá o 16/12/2025.  
71Resolución de inadmisión de solicitude de informe da Oficina Nacional de Evaluación por non cumprir o ámbito obxectivo (dado que a Residencia de Becerreá non require dotación de crédito orzamentario e tampouco consta previsión doutro tipo de aportación de carácter non monetario) o 13/01/2026.    
72Oficio de solicitude de informe preceptivo sobre a estrutura de custos á Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Xunta de Galicia o 23/01/2026.    
73Requirimento da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Xunta de Galicia o 09/02/2026.    
74Contestación do requirimento da Xunta Consultiva Administrativa da Xunta de Galicia por parte da Deputación o 04/03/2026.    
75Recepción do informe definitivo da Xunta Consultiva Administrativa da Xunta de Galicia o 12/03/2026.    
76Providencia de inicio do expediente de contratación da concesión de servizos públicos o 26/03/2026.    
77Pendente de aprobación dos pregos técnicos e administrativos no Pleno da Deputación de Lugo.    

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios