A localidade de O Porriño acolleu na xornada de onte o Campionato Galego de Standard 2026, unha cita destacada do calendario autonómico que reuniu a deportistas de diferentes categorías.
Na modalidade de standard solo, proclamáronse campións galegos:
- Zaida Marina Rodríguez, en xuvenil II
- Paula García, en júnior I
- Ako Claudia Rodríguez, en júnior II
- Ashley Sánchez, en youth
- Alba Mourelle, en adulto
- Pilar Sánchez, en senior
Pola súa banda, na modalidade de parellas, os títulos do Campionato Galego de Standard foron para:
- Lucas Seoane e Lara Prados, en xuvenil I
- Manuel Prado e Almudena Prado, en xuvenil II
- Manuel Ureña e Carla Fontán, en júnior I
- Raúl Romero e Serena Díaz, en júnior II
- Manuel Barreiro e Alba Falcón, en youth
- Josu Arnoso e Noelia Rey, en adulto I
- Ángel Álvaro e Ana María López, en senior III
- Manel Fernández e María Martínez, en senior IV
- Román Lago e Rosa Bea Vieites, en senior V
A competición desenvolveuse cun gran ambiente e cun alto nivel por parte dos participantes, que amosaron o seu traballo e preparación ao longo da tempada.
Este campionato reafirma a boa saúde da danza deportiva en Galicia e o compromiso dos deportistas, clubs e técnicos co desenvolvemento desta disciplina.