A Asociación “Estudantado Cuarto Ciclo Campus de Lugo-USC” convida a cidadanía lucense a visitar a Exposición “Sempre en Galiza” de Castelao o vindeiro sábado, ás 5 da tarde no Centro de Convivencia Fingoi e máis a disfrutar da obra teatral “Cousas” (de Castealo) representada polo grupo de teatro Os Quinquilláns.
Os Quinquilláns, con esta actuación, convídannos a disfrutar da Exposición Sempre en Galiza, posta en marcha no Ano Castelao 2025, pola Deputación Provincial de Lugo, comisariada por Henrique Monteagudo Romero e presente no Centro Fingoi, cunha divertida versión de “Cousas” na que están presentes os grandes temas do orixinal: ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social…
O retranqueiro burro dun dos contos, transunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se encontran “O pai de Migueliño”, “A Marquesiña”, “O escuro caletre de Martiño” ou “Aínda eu non nascera”.
A montaxe transita entre a traxedia, a comedia e a farsa co obxectivo de respectar a lingua, a época e o ambiente do Rianxo natal dun autor cheo de sensibilidade persoal, artística e social.
Orjais, responsable do Fondo Local de Música de Rianxo, incorpora un tema de Aida Saco e pezas vinculadas a Castelao coma o “Alalá do mozo”, interpretado na estrea en Bos Aires de Os vellos non deben de namorarse ou unha Muiñeira cantada por Castelao a Jesús Bal y Gay e recollida no seu cancioneiro.
AUTOR ORIXINAL Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
ADAPTACIÓN DO TEXTO Lucho Penabade e Tero Rodríguez
ELENCO Lucho Penabade e Tero Rodríguez
ESCENOGRAFÍA, ATREZZO E ILUMINACIÓN Pepe Penabade e Xosé Vizoso
VESTIARIO Olga Vieites
ESPAZO SONORO Orjais
PRODUCIÓN E DIRECCIÓN Lucho Penabade e Tero Rodríguez
DURACIÓN 1 hora
PÚBLICO AO QUE VAI DIRIXIDO Mocidade e adultos.