A entidade provincial vén de facer pública a resolución provisional do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato.
A Deputación da Coruña vén de facer pública no BOP a resolución provisional da convocatoria de subvencións do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato. A entidade apoia con 463 394 euros a actividade cultural no ano 2026 dun total de 120 entidades da provincia.
Nesta resolución, o importe máximo concedido ascende a 13 500 euros, mentres que a contía mínima é de 1500 euros.
A deputada de Cultura, Natividade González, manifestou que o obxecto destas axudas é «fomentar a promoción de actividades e investimentos nos campos da música tradicional e popular, adaptándonos ás necesidades destas entidades e colectivos culturais, que son pezas chave na dinamización sociocultural dos nosos concellos e que fan un moi importante labor de formación musical de base, transmisión de valores culturais e cohesión social».
González concluíu que é fundamental contribuír a entidades que «apoien claramente a diversidade cultural e garantan o dereito á produción e ao acceso cultural no noso idioma».
Listaxe de entidades beneficiarias
A continuación detállanse as 120 entidades que figuran na proposta de concesión provisional:
– Agrupación cultural Arume
– Agrupación folklorica Santiaguiños
– Agrupación folklorico cultural Gamelas e Anduriñas
– Agrupación musical de Abegondo
– Agrupación musical Emilia Pardo Bazán
– Alegre-Intermezzo
– Asoc. coral polifónica Mar De Ardora-Esmu De Carnota
– Asoc. cultural Banda de Gaitas do Ortegal
– Asoc folclórica Colegiata de Sar
– Asociación Airiños de Quenxe
– Asociación Airiños do Río Grande
– Asociación Arrancadeira
– Asociación Banda de Música Cultural de Teo
– Asociación Banda de música de Cedeira
– Asociación Banda escola de música de Visantoña
– Asociación C.R.D.Entroido de Samede
– Asociación Coral Airiños de Nós
– Asociación Coral Polifónica Ferrolana A Magdalena
– Asociación Coral Polifónica San Salvador de Pazos
– Asociación Costumes de Bergondo
– Asociación cultural A Carrabouxa de Teo
– Asociación cultural Adro
– Asociación cultural Airiños da Capela
– Asociación cultural Anduriñas de Xaviña
– Asociación cultural Axio Mouro
– Asociación cultural Banda de Música de Arca
– Asociación cultural Brisas do Quenllo
– Asociación cultural Coral Chorima de Castro
– Asociación cultural Coral Polifónica Brisas do Mar
– Asociación cultural Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz
– Asociación cultural Coral Terceira Idade Os do Canto
– Asociación cultural Coro Gaos
– Asociación cultural Cruceiro do Monte
– Asociación cultural deportiva A Meda de El Castro Sada
– Asociación cultural Donaire
– Asociación cultural e deportiva Carcaxia
– Asociación cultural e deportiva Xiada
– Asociación cultural e musical Herba Grileira
– Asociación cultural Embruxo Gaiteiros
– Asociación cultural Escola da Cabana
– Asociación cultural Faragulla Teixeiro
– Asociación cultural Inllar
– Asociación cultural Malante
– Asociación cultural Mons R Nemeth
– Asociación cultural musical Sementeira Narón
– Asociación cultural musical Solfa
– Asociación cultural Orquestra Gaos
– Asociación cultural Os Castros de Ames
– Asociación cultural Os Virapes
– Asociación cultural Os Xeitosos de Trazo
– Asociación cultural Pandeireteiras sen Fronteiros
– Asociación cultural Rondalla Sonidos del Alba
– Asociación cultural Rosalía de Castro
– Asociación cultural Santa María de Toras
– Asociación cultural Trovadores de Ares
– Asociación cultural Vai Rañala Meu
– Asociación cultural Vía Sacra
– Asociación cultural Xacarandaina
– Asociación cultural y recreativa Amigos de la música Banda de Música de As Pontes
– Asociación cultural, recreativa, de formación física e medio ambiental A Arreixeira Padrón
– Asociación de Alumnos y ex alumnos de la Universidad Senior
– Asociación de Coros y Danzas Eidos
– Asociación de Gaiteiros Galegos de Melide
– Asociación de Veciños San Pedro de Nós Os Rueiros
– Asociación do Lado do Sol
– Asociación Escola de música Santa Cruz do Concello de Vedra
– Asociación Faiscas da Pontraga
– Asociación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume
– Asociación folclórica Lembranzas do Tambre
– Asociación grupo xuvenil Pena Maior
– Asociación música e baile tradicional Vai de Roda
– Asociación música e danza tradicional Queiroa
– Asociación musical A Misela
– Asociación musical Nova Troula
– Asociación musical Sons do Mar
– Asociación musical e cultural Cantabile
– Asociación Os Liantes
– Asociación recreativa e cultural Peque Rinforzantes
– Asociación Rondalla de Cariño
– Asociación sociocultural Fogo Fatuo
– Asociación Tercera edad A Lembranza
– Asociación Veciños e Veciñas San Adrián de Toba
– Asociación Xuvenil Xiradela
– Asociacións Sementeira Cambre
– Banda de gaitas Airiños de Fene
– Banda de música de Noia
– Banda de música de Santa Cruz de Ribadulla de Vedra
– Cantigas da Terra
– Cantigas e Agarimos
– Centro Cultural Simón Varela de Dubra
– Coral A Fonte do Souto
– Coral Airiños de Caranza
– Coral Polifónica Costa da Morte
– Coral Polifónica de Betanzos
– Coral Polifónica de Betanzos
– Coral Polifónica de Melide
– Coral Polifónica de Mera-Oleiros
– Coral Polifónica Eumesa
– Coral Polifónica Follas Novas
– Coral Polifónica Ortegana
– Coral Santa María de Cambre
– Coro de Espasante
– Coro de Oleiros
– Coro Vocalisse
– Escola de música Charamela
– Escola de música de Rianxo
– Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira
– Grupo de baile e música tradicional Tahume
– Grupo vocal e instrumental Atlántico
– O Pedrón agrupación folclórica e cultural
– Obradoiro de cultura tradicional Ultreia
– Orfeon Terra A Nosa
– Paracetafolk
– Porteiroalvarellos
– Real Coro Toxos e Froles
– Rondalla So Elas
– Sociedad cultural deportiva e recreativa O Castro
– Sociedad cultural Monte Louro
– Sociedad cultural recreativa e deportiva O Pote
– Sociedad recreativa San Xoán de Calo