O profesor da UDC Miguel Pérez Fontán ingresará este venres como académico numerario de Nefroloxía na Real Academia de Medicina de Galicia. Con motivo do seu ingreso, ofrecerá unha conferencia, “Cara a un cambio de paradigma na abordaxe da enfermidade renal crónica”.
Pérez Fontán, nacido en Ourense, fixo os seus estudos de Medicina na USC, tras o cal realizou o seu MIR en Nefroloxía no Hospital Universitario la Paz(Madrid). Máster en Investigación en Ciencias da Saúde pola Universidade Autónoma de Barcelona, é doutor en Medicina pola UDC. Compatibiliza a súa labor docente na Facultade de Ciencias da Saúde da UDC coa de xefe do servizo de Nefroloxía no CHUAC.
É membro da Rede de Investigación renal “RedinRen Kidney ResearchNetwork” e forma parte de tres grupos de investigación: Diálise peritoneal da Sociedade Española de Nefroloxía; Enfermidades endocrinas, nutricionais e metabólicas e Envellecemento e Inflamación, ests dous últimos adscritos ao INIBIC-UDC.
Os principais campos de interese das súas investigacións céntranse no risco metabólico e cardiovsacular na enfermidade renal crónica e diálise; prevencións de infencións en diálise peritoneal, e disfunción precoz do trasplante renal.