A Deputación de Ourense colaborará na décima edición do Silfest Valdeorras, “que consolida o positivo retorno para O Barco e a comarca”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, comprometeu a axuda da institución provincial co festival multicultural “Silfest Valdeorras”, que se celebrará do 2 ao 4 de xullo na praia fluvial do Malecón do Barco. Luis Menor trasladou o compromiso da Deputación con este evento musical durante a reunión que mantivo coa organización, representada por José Carlos Vilor e Vanesa Yáñez.

Luis Menor puxo en valor o “forte” crecemento experimentado por este festival, “completamente arraigado xa no ámbito cultural da comarca”.Neste sentido destacou que se estea a falar xa da décima edición, “a máis ambiciosa que nos propoñen os organizadores”

O presidente provincial tamén destacou algúns dos aspectos de Silfest, como o seu carácter inclusivo grazas ao coidado coa accesibilidade, os protocolos de igualdade de xénero ou o plan de residuos deseñado para evitar o impacto na zona do río Sil. 

Menor destacou tamén o impacto económico, turístico e social desta cita musical, “que vai a supoñer un importante retorno sobre a vila do Barco e a comarca”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios