As entradas para asistir ao único directo no país da xira ‘La Belleza’ pódense adquirir a través de Ataquilla.com e rodrigocuevas.sexy.
Descubre más noticias musicales como ésta
Rodrigo Cuevas presentará este xoves 30 no Coliseum da Coruña o seu novo traballo discográfico, Manual de Belleza. Será a única actuación que o artista asturiano ofreza no 2026 en Galicia no marco da xira La Belleza, a fantasía escénica e argumental que se estreou con grande éxito este venres 24 de abril en Avilés. As últimas entradas disponibles para a cita na cidade herculina están á venda a través de Ataquilla.com e rodrigocuevas.sexy.
Rodrigo Cuevas é cantante, acordeonista, percusionista, DJ, compositor, performer, axitador folclórico e, sobre todo, unha anomalía fermosa no panorama musical español. Nado en Oviedo en 1985, Cuevas pasou anos en Galicia, onde aprendeu a falar galego e se iniciou na música e no baile tradicional, antes de construír un universo propio onde a música electrónica conversa co humor, a sensualidade e a crítica social, convertendo os seus espectáculos nunha experiencia cultural e sensorial única.
A súa proposta incorpora bases electrónicas á música tradicional, cunha estética escénica que mestura o rural co cabaret e o pin-up. Rodrigo Cuevas, sinxelamente, fai o que ninguén máis fai: rescatar as raíces para levalas a onde nunca estiveran. Considéraselle un dos maiores talentos do panorama musical español actual e os premios déronlle a razón: o Premio Nacional das Músicas Actuais en 2023, o Premio Arcoíris, o Premio Ollo Crítico de RNE e o MIN ao Artista Revelación.
O seu anterior traballo, Manual de Romería, foi elixido Mellor Disco Nacional por Rockdelux e agora chega a súa nova entrega: Manual de Belleza, coa que pecha unha triloxía que redefiniu o que pode ser a música popular neste país. Este novo traballo preséntase como un exercicio de etnografía pop, onde Cuevas se detén na contemplación da estética do cotiá, o paso do tempo e a dignidade das identidades disidentes no rural.
No musical, este peche consolida a madurez dun son que funde as texturas orgánicas de pandeiros e acordeóns cunha electrónica de vangarda que bascula entre o ambient e o techno. Ao integrar gravacións de campo e testemuños reais de aldeas, Cuevas consegue que ritmos ancestrais como a xota ou o xiringüelu soen tan contemporáneos como calquera sesión de club berlinés. Esta proposta converte o seu próximo concerto no Coliseum o 30 de abril, a única cita en Galicia co artista, nun auténtico ritual moderno.