O Plan Único 2026 da Deputación da Coruña alcanza os 153 M€ e supera xa nun 11% ao do ano pasado

O pleno aproba unha modificación de crédito de 65 millóns que eleva o POS+2026 por riba do do pasado ano.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, no marco dun expediente de modificación de créditos, unha partida adicional por importe de 65 millóns de euros para Plan Único (POS+2026), que se suman aos 88 millóns consignados inicialmente, elevando o investimento total ata os 153 millóns de euros.

A cifra supón un incremento de preto dun 11% respecto aos 138 millóns totais de 2025 e consolida o Plan Único como o principal instrumento de cooperación municipal de Galicia e unha referencia a nivel estatal pola súa dimensión, flexibilidade e impacto directo nas economías dos concellos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “o Plan Único é hoxe a mellor ferramenta que teñen os concellos para garantir servizos, investir e planificar con estabilidade, especialmente nun momento de forte incremento dos custos”. Formoso subliñou que “estamos nun contexto marcado pola inflación, pola incerteza internacional e polo encarecemento da enerxía e dos servizos, e os concellos están asumindo máis gastos que nunca, polo que este plan resulta clave para darlles seguridade e capacidade de resposta”.

O presidente puxo en valor o modelo do POS+, baseado nun reparto obxectivo, transparente e equitativo dos fondos entre os 93 concellos da provincia, atendendo a criterios como a poboación ou a superficie de cada concello. Formoso lembrou ademáis que “son os concellos os que deciden libremente en que investir, en función das súas prioridades e do que precisa a súa veciñanza”, explicou.

Neste sentido, destacou que o Plan Único permite financiar unha ampla variedade de actuacións, desde obras e infraestruturas ata programas sociais, culturais ou ambientais, pero incidiu especialmente na súa importancia para sosteñer o funcionamento diario dos municipios. “Non se trata só das máis de 4.500 obras executadas xa nos concellos cos fondos do Plan Único, senón de miles de servizos básicos como o alumeado público, a limpeza, o mantemento das vías municipais ou os servizos sociais que os concellos poden soster grazas a este plan. Ese gasto é menos visible, pero absolutamente esencial para a calidade de vida da xente”, afirmou.

Formoso advertiu de que “sen este apoio, moitos concellos terían serias dificultades para manter o nivel actual de servizos nun contexto de subida xeneralizada dos custos” e engadiu que “a Deputación está a facer un esforzo extraordinario para estar á altura das necesidades dos municipios, mentres outras administracións seguen sen reforzar o financiamento local na medida necesaria”. Neste punto, lembrou que “a Deputación da Coruña continúa a investir máis nos 93 concellos da provincia que a Xunta de Galicia nos 313 concellos galegos, e facémolo ademais con fondos que respectan plenamente a autonomía local”. Neste sentido, demandou o incremento do financiamento dos municipios por parte da administración autónomica e o seu reparto en base a criterios obxectivos e non en función de cores políticas.

O Plan Único mantén un reparto equilibrado en todo o territorio provincial, garantindo que todos os concellos, independentemente do seu tamaño ou localización, dispoñan de recursos suficientes para atender as súas necesidades e desenvolver proxectos que melloren a calidade de vida da veciñanza. Na comarca da Coruña, o investimento supera xa este ano os 36,2 millóns de euros, permitindo reforzar servizos e acometer actuacións nunha das áreas máis poboadas da provincia; na comarca de Santiago, o POS+2026 acada os 43,1 millóns de euros, a maior dotación por áreas, reflectindo o seu peso territorial e garantindo recursos para infraestruturas e servizos municipais; en Ferrolterra, Eume e Ortegal, o investimento supera os 28,6 millóns de euros, contribuíndo á mellora das infraestruturas locais e ao mantemento dos servizos nun territorio especialmente sensible aos cambios económicos; na comarca de Bergantiños e Costa da Morte, o plan mobiliza máis de 26,3 millóns de euros, permitindo avanzar na mellora das comunicacións e dos servizos básicos; e no Barbanza, o investimento acada os 18,6 millóns de euros, reforzando a capacidade dos concellos para atender as necesidades da veciñanza e impulsar o desenvolvemento local.

Formoso concluíu subliñando que “o Plan Único demostra que hai outra forma de facer política local, baseada na confianza nos concellos, na igualdade territorial e na resposta ás necesidades reais da xente”, e engadiu que “a Deputación actúa e garante que os concellos teñan recursos para seguir funcionando e mellorando”.

ComarcasPOS + inicial/ 2026POS+ AD2/2026TOTAL POS + 2026
A Coruña20.180.578,4616.063.590,4736.244.168,93
Santiago25.305.801,3717.833.699,6543.139.501,02
Bergantiños15.250.837,4311.066.759,5526.317.596,98
Ferrol16.175.520,4812.441.647,7328.617.168,21
Barbanza11.087.262,267.594.302,6018.681.564,86
Total88.000.000,0065.000.000,00153.000.000,00
Comarca da CoruñaPOS + inicial /2026POS +  AD2/2026Total POS + 2026
Abegondo982.199,98606.374,821.588.574,80
Aranga766.910,96480.648,591.247.559,55
Arteixo2.179.029,121.367.787,943.546.817,06
Bergondo729.724,06449.486,971.179.211,03
Betanzos888.533,04700.301,931.588.834,97
Cambre1.524.430,961.914.322,013.438.752,97
Carral729.599,01561.912,561.291.511,57
Coirós438.512,99273.626,09712.139,08
Coruña, A371.678,13234.417,95606.096,08
Culleredo1.861.687,172.531.404,644.393.091,81
Curtis836.492,35528.413,991.364.906,34
Irixoa550.977,55354.431,78905.409,33
Mesía819.145,34508.368,521.327.513,86
Miño705.539,73442.471,361.148.011,09
Oleiros2.078.321,501.280.180,393.358.501,89
Oza Cesuras1.380.970,30853.765,382.234.735,68
Paderne519.089,47349.098,73868.188,20
Sada1.092.202,191.528.101,222.620.303,41
Sobrado831.521,55520.904,531.352.426,08
Vilarmaior384.264,24258.188,55642.452,79
Vilasantar509.748,82319.382,52829.131,34
Total comarca20.180.578,4616.063.590,4736.244.168,93
Comarca de SantiagoPOS+ inicial /2026POS+ AD2/2026Total POS+ 2026
Ames2.003.997,301.314.490,033.318.487,33
Arzúa1.316.846,29820.237,892.137.084,18
Baña, A854.380,24565.019,401.419.399,64
Boimorto716.715,63462.754,201.179.469,83
Boqueixón792.421,62495.484,281.287.905,90
Brión903.866,08613.947,031.517.813,11
Dodro413.482,10299.075,41712.557,51
Frades702.266,88466.015,631.168.282,51
Melide1.248.549,38779.914,332.028.463,71
Negreira1.118.242,19736.044,741.854.286,93
Ordes1.483.889,46927.267,642.411.157,10
Oroso909.829,51703.140,621.612.970,13
Padrón758.146,05748.677,651.506.823,70
Pino, O1.031.565,57644.432,491.675.998,06
Rois849.022,59528.604,531.377.627,12
Santa Comba1.562.179,971.039.557,102.601.737,07
Santiago de Compostela1.572.144,131.321.935,792.894.079,92
Santiso703.175,46440.251,851.143.427,31
Teo1.443.381,20990.917,512.434.298,71
Toques629.586,47389.990,651.019.577,12
Tordoia887.443,28554.291,641.441.734,92
Touro995.438,801.388.233,362.383.672,16
Trazo806.047,59523.055,411.329.103,00
Val do Dubra878.502,03573.453,761.451.955,79
Vedra724.681,55506.906,711.231.588,26
Total comarca25.305.801,3717.833.699,6543.139.501,02
Comarca de BergantiñosPOS+ inicial/2026POS+ AD2/2026Total POS+ 2026
Cabana de Bergantiños838.427,28519.885,051.358.312,33
Camariñas623.379,44400.982,781.024.362,22
Carballo2.466.262,751.621.568,874.087.831,62
Cee782.490,93504.681,421.287.172,35
Cerceda895.559,33571.074,161.466.633,49
Corcubión256.737,55158.553,70415.291,25
Coristanco1.136.650,09957.081,082.093.731,17
Dumbría861.376,75552.775,481.414.152,23
Fisterra496.556,14314.728,02811.284,16
Laracha, A1.301.895,66899.108,262.201.003,92
Laxe494.240,11397.225,34891.465,45
Malpica de Bergantiños709.891,90457.546,961.167.438,86
Muxía999.530,35668.762,531.668.292,88
Ponteceso925.351,101.426.067,252.351.418,35
Vimianzo1.398.842,08915.565,872.314.407,95
Zas1.063.645,97701.152,781.764.798,75
Total comarca15.250.837,4311.066.759,5526.317.596,98
Comarca de FerrolPOS+ inicial /2026POS+ AD2/2026Total POS+ 2026
Ares528.868,43345.124,37873.992,80
Cabanas515.601,41412.482,60928.084,01
Capela, A457.625,89314.425,53772.051,42
Cariño540.522,96332.945,07873.468,03
Cedeira853.967,52539.586,801.393.554,32
Cerdido417.188,59294.203,47711.392,06
Fene896.188,48581.475,511.477.663,99
Ferrol713.656,24635.161,281.348.817,52
Mañón589.932,29371.448,20961.380,49
Moeche444.763,79275.847,99720.611,78
Monfero983.059,74665.652,021.648.711,76
Mugardos366.934,69819.932,211.186.866,90
Narón2.184.536,772.061.410,234.245.947,00
Neda488.582,31323.683,34812.265,65
Ortigueira1.502.653,60993.802,712.496.456,31
Pontedeume697.733,52429.781,811.127.515,33
Pontes de García Rodríguez, As1.790.718,771.319.884,893.110.603,66
San Sadurniño736.130,69470.650,441.206.781,13
Somozas,  As585.227,65377.480,76962.708,41
Valdoviño881.627,14876.668,501.758.295,64
Total comarca16.175.520,4812.441.647,7328.617.168,21
Comarca do BarbanzaPOS+ inicial /2026POS+ AD2/2026Total POS+ 2026
Boiro1.403.036,27954.642,252.357.678,52
Carnota648.467,12435.182,441.083.649,56
Lousame731.599,68460.806,131.192.405,81
Mazaricos1.196.641,58739.206,451.935.848,03
Muros883.509,95547.425,411.430.935,36
Noia956.926,40761.587,891.718.514,29
Outes914.754,27573.139,441.487.893,71
Pobra do Caramiñal, A714.617,41582.466,571.297.083,98
Porto do Son1.040.785,92702.902,691.743.688,61
Rianxo907.021,04632.948,481.539.969,52
Ribeira1.689.902,621.203.994,852.893.897,47
Total comarca11.087.262,267.594.302,6018.681.564,86
Comparte éste artículo
No hay comentarios