A Festa da Troita sitúa á Pontenova no mapa gastronómico

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este venres xunto ao Alcalde da Pontenova, Darío Campos, na 46 edición da Festa da Troita. Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno.

Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.

Comparte éste artículo
No hay comentarios