XIV Xuntanza dos Nosos Maiores en Monterrei

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na XIV Xuntanza dos Nosos Maiores do concello de Monterrei, unha cita xa consolidada como espazo de encontro, convivencia e recoñecemento ás persoas maiores do municipio.

Durante a súa intervención, Menor puxo en valor o papel “fundamental” desta xeración no desenvolvemento da provincia, destacando o seu esforzo, compromiso e capacidade de superación como base do Ourense actual. “Non hai futuro sen memoria, e esa memoria sodes vós”, sinalou.

O presidente da Deputación destacou tamén a importancia de seguir impulsando políticas e programas orientados ao benestar das persoas maiores, reafirmando o compromiso da institución provincial co seu coidado, acompañamento e calidade de vida.

A xornada desenvolveuse nun ambiente festivo e de convivencia, reunindo a numerosos veciños e veciñas nunha celebración que pon en valor a experiencia, os valores e a contribución das persoas maiores á sociedade ourensá.

Comparte éste artículo
No hay comentarios