Rubén Arroxo e Alexandre Penas presentan á veciñanza o proxecto de humanización da unión de Otero Pedrayo con Río Sil

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza coas veciñas e veciños da rúa Otero Pedrayo para abordar a transformación do treito que conecta esta rúa con Río Sil. Durante o encontro, presentouse o proxecto elaborado pola Tenencia de Alcaldía para crear un novo espazo de convivencia, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e fomentar a participación cidadá na definición dos espazos públicos.

Rubén Arroxo destacou que «seguimos avanzando na cidade dos 5 minutos, traballando da man das veciñas e veciños para conseguir consensos na transformación do espazo urbano dos nosos barrios». O Tenente Alcalde subliñou a importancia de atender ás reclamacións veciñais e animou á cidadanía a facer chegar as súas propostas ao Concello, sinalando que «a información recollida, xunto coas visitas periódicas aos barrios, permítenos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar».

Arroxo destacou que Otero Pedrayo é un novo exemplo «de participación directa da veciñanza na transformación do espazo público» e lembrou que nos últimos meses a Tenencia de Alcaldía mantivo «varios encontros coas veciñas e veciños para saber as necesidades e elaborar este proxecto».

A Tenencia de Alcaldía elaborou un proxedcto no que se creará unha nova zona de plataforma única con preferencia peonil que incluirá prazas de estacionamento e unha nova zona de xogos para nenas e nenos. A zona organizaras en bancais que incluirán diversas árbores. Arroxo anunciou que «o proxecto está elaborado e listo para ir a Contratación», e engadiu «seguiremos o avance deste proxecto para garantir que se cumpla o acordado coas e cos veciños desta rúa».

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios