Imperialismo: Ataque á Soberanía dos Pobos. Do Secuestro de Maduro á Guerra Global

Na actual conxuntura internacional, o imperialismo é o principal factor de  desestabilización global. Opera a través de mecanismos de dominación política,  económica e mediática que atacan directamente a soberanía dos pobos e condicionan o  destino da humanidade. A violencia política, a instrumentalización dos conflitos, as  sancións coercitivas, as guerras híbridas, a intoxicación informativa e as inxerencias  sistemáticas responden a unha mesma lóxica de poder. Unha lóxica imperial que sostén  a confrontación global e impón os seus intereses por riba da vontade dos pobos. 

Baixo esta perspectiva, a Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez (AGABO), en  colaboración co Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela, organiza o  acto Imperialismo: Ataque á Soberanía dos Pobos. Do Secuestro de Maduro á Guerra Global”, un espazo de análise crítica que sitúa o imperialismo no centro do  debate contemporáneo e interpela directamente á realidade internacional actual. 

O evento será unha entrevista aberta guiada por María Obelleiro, exdirectora de Nós Diario, cunha  traxectoria comprometida coa información crítica e coa defensa da soberanía popular, actualmente é docente no ensino público galego.  Intervirán Martin Pacheco Morillo, Cónsul Xeral da República Bolivariana de Venezuela  en Vigo, e Ignacio Ramonet Miguez, escritor e xornalista, analista internacional e unha  das voces máis influentes do pensamento crítico contemporáneo, exdirector de Le  Monde diplomatique e referente no estudo da comunicación e da xeopolítica global. (Achégase CV de Ignacio Ramonet)

O acto pretende desentrañar, con claridade e sen ambigüidades, as claves da ofensiva  imperialista no século XXI a través de feitos recentes de enorme relevancia internacional:  o secuestro de Nicolás Maduro, a presión sostida contra Cuba, Colombia ou México, a  escalada bélica contra Irán e o xenocidio do pobo palestino. A partir destes casos,  analizaranse os mecanismos de intervención, as estratexias de dominación e o papel dos  medios na construción de relatos que buscan lexitimar estas dinámicas. Ao mesmo  tempo, abrirase un espazo para identificar e reforzar as respostas e resistencias que os  pobos están a artellar fronte a esta ofensiva global. 

Datas e lugares:  

* Mércores 6 de maio de 2026 – 19: 30 horas 

 Casa das Máquinas. Rúa Galeras s/n na cidade Santiago de Compostela 

* Venres 8 de maio de 2026  – 19: 00 horas 

 Galería A3 do Museo MARCO. Rúa Príncipe, 54 na cidade de Vigo 

Este encontro promoverá unha análise crítica da realidade actual ante a agresión  imperialista global e convida á participación cidadá nun espazo aberto ao debate.

Comparte éste artículo
No hay comentarios